GONDOMAR
O concello de Gondomar pospoñerá a celebración do Entroido ata o verán
Desde o departamento de Cultura prevese organizar o desfile e a verbena o sábado 17 de xullo, coincidindo coa semana grande de celebración das festas patronais de San Benito
A situación de pandemia que está a vivir a comunidade autónoma e as restricións ás que se viron sometidos os seus municipios fan imposible a celebración do entroido, celebración con moita tradición en Gondomar, onde o seu goberno non quere dalo por perdido e facendo provisión de optimismo anuncia que a súa celebración pospoñerase “ata xullo”.
O goberno local prevé organizar o tradicional desfile de Comparsas e posterior verbena o 17 de xullo, facéndoo coincidir coas festas patronais de San Benito. Así o manifestou o rexedor, Paco Ferreira, quen pon esta proposta sobre a mesa “con toda a cautela do mundo pero sen perder o optimismo e a confianza en que de aquí a esa data as restricións sexan moito máis suaves e a maior parte da poboación estea vacinada”.
“É unha celebración moi arraigada no noso municipio. Agora non pode ser pero non o optimismo é importante mantelo así que confiamos en que o mes de xullo podamos recuperala e celebrala”, manifesta o alcalde Paco Ferreira
Trátase de salvar unha celebración moi arraigada no municipio onde comparsas como as das parroquias como Mañufe ou Vincios ocupan habitualmente os primeiros postos nos diferentes concursos que se celebran en Vigo e en toda a súa área de influencia.
A concellería de Cultura traballa xa na programación do Entroido como na das festas patronais coa confianza de que se poidan desenvolver baixo a máxima normalidade posible. Á espera da chegada de xullo e, para non enterrar no baúl dos recordos o Entroido este mes de febreiro, a través das redes sociais e da páxina web do concello lembrarase que a ilusión, a maxia e a esperanza non deben decaer dunha forma especial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184