Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 08 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Iníciase o proceso para a contratación damusealización do Castelo de Sobroso

A previsión do ente provincial, que destina 300.000 euros ao proxecto, é que as actuacións estean rematadas ao longo deste verán

A Deputación de Pontevedra da un novo paso cara a esperada musealización do Castelo de Sobroso ao aprobar, en Xunta de Goberno, o expediente de contratación cara a adxudicación do proxecto, que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros. A previsión do ente provincial é que as actuacións estean rematadas ao longo deste verán, dotando con elas ao castelo dun equipamento museográfico actual e potenciando o seu atractivo acorde coas tendencias da demanda turística.

 

Este ambicioso proxecto mergullará ás persoas visitantes na historia da fortaleza apoiándose nas tecnoloxías audiovisuais do século XXI. Deste xeito, a Deputación aposta por un modelo turístico baseado nas experiencias cunha ruta dunha hora de duración e con grupos reducidos que poderá realizarse en galego, castelán ou inglés. Durante o percorrido as e os visitantes coñecerán a historia do castelo a través de sete pezas audiovisuais e a súa visita rematará co acceso á terraza, que estará equipada con atrís con imaxes panorámicas para permitir identificar todos os filtros e elementos da paisaxe.

 

O Castelo de Sobroso é un gran atractivo turístico da nosa provincia, que foi visitado en 2020 por preto de 11.000 persoas pese aos peches e as restricións derivadas da situación sanitaria. De feito, 3.500 destas visitas tiveron lugar entre xuño e agosto sumando máis que as realizadas durante o verán de 2019. Ademais, tras o confinamento, a Deputación integrou Sobroso no programa “Re-acción nos castelos”, que levou á fortaleza música, danza, teatro e obradoiros para nenas e nenos, enchendo o espazo de contido cultural seguro e esgotando todas as prazas dispoñibles.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.