Vigo
O TSXG ratifica a decisión do Concello sobre as praias de esparexemento canino
A Sala Segunda do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso contra a sentenza que validou en decembro de 2019 a decisión do Concello de adicar as praias de A Foz e A Calzoa a zonas de esparexemento canino.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou con data de 29 de xaneiro o recurso contra a sentenza que daba a razón ao Concello na decisión de que os areais de A Foz e A Calzoa fosen adicados a cans. O fallo tamén condena en costas ao apelante e non é firme, posto que cabe recurso de apelación ante o Tribunal Supremo.
Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, o fallo é “contundente” sobre a elección por parte do goberno local para permitir a presenza de animais nas dúas praias. “Confirma integramente a posición do Concello, non hay ningún dano ao medio ambiente”, sinalou Caballero.
A sentenza decreta que o Concello é plenamente competente para delimitar praias onde os cans poidan estar libremente acompañados polos seus donos e di literalmente que “a normativa contempla a posibilidade de adoptar este tipo de delimitacións en praias de zonas destinadas ao esparexemento canino, polo que se trata dunha decisión posible conforme ao marco normativo legal”.
Calidade da agua
Ademais, o alcalde informou de que as últimas análises realizadas polo laboratorio municipal indican que todas as praias de Vigo presentan unha calidade de agua “excelente”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171