GALICIA | Cortes na circulacións de trens en Galiza
Os sindicatos denuncia a "precaria situación" da liña entre Vigo e Monforte
Están convocadas folgas a partir do día 26 de Febreiro pola falla de cadro de persoal nas áreas de regulación da circulación e mantemento da infraestrutura principalmente.
No día de onte tres incidencias nas infraestruturas ferroviarias galegas provocaron retrasos e transbordos aos viaxeiros e viaxeiras, seguindo ca mala “racha” de problemas nas infraestruturas galegas e concretadas na liña do Minho.
Así sobre as 7 da mañá un arbore caeu na vía entre O Porriño e Guillarei, provocando o corte das circulacións ata as 9:30 hs.
Ás 10 da mañá a plataforma da vía cedeu antes da estación de Frieira o que provocou un socabón que ocasionou o corte da vía, establecendo RENFE un plan alternativo de transbordos en bus entre Arbo e Filgueira, sen coñecerse a data de finalización. Este problema xa aconteceu o 12.12.2021
Sobre as 12 hs. o tren 624 Galiza-Barcelona a saida da estación de Barra de Minho enganchou o seu pantografo na catenaria, quedando o tren e a liña eléctrica avariada, polo que os viaxeiros tiveron que transbordar a un tren diesel pra continuar viaxe.
Estas incidencias sumadas as incidencias que se produciron no mes de Decembro de 2020, evidencian a precaria situación da liña entre Vigo e Monforte, con unha falla importante de mantemento e investimentos na súa mellora.
Dende o COMITÉ XERAL DE EMPRESA DE ADIF, formado polos Sindicatos CCOO, UGT, CGT SCF e S.F. convocouse folgas a partir do día 26 de Febreiro pola falla de cadro de persoal nas áreas de regulación da circulación e mantemento da infraestrutura principalmente.
Estes recortes de cadro de persoal "teñen unha repercusión moi importante en Galiza, atendendo a súa especial situación das infraestruturas ferroviarias, con unha antigüidade importante e unha orografía particular, que precisan duns recursos económicos e humáns de mantemento que non existen e que se viron minguados nos derradeiros anos nun 35% que supón que o mantemento estase facendo de xeito precario e case de xeito correctivo, sen un mantemento preventivo programado que evite as incidencias que se están a producir" sinalan.
Por esta falla de cadro de persoal ADIF elaborou "un modelo de mantemento que se supón a privatización progresiva do mantemento das infraestruturas viarias, evitando o ingreso de persoal na empresa pública, e deseñando unha empresa sen persoal operativo remplazado por contratas e subcontratas e un staff técnico que formaría o nucleo importante da empresa".
"Os Sindicatos non estamos de acordo con este modelo, que vai a significar a precarización dos postos de traballo e a progresiva desaparición do emprego público no sector do mantemento e xestión ferroviaria, polo que imos loitar polo ingreso de novos traballadores en ADIF nas operacións de mantemento de infraestrutura e regulación do tráfico ferroviario" aseguran.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171