GALICIA
A Xunta destina 400.000€ para promover programas de igualdadea través das Anpas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a convocatoria de apoios para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero no eido escolar promovidas polas Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas)
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero postas a iniciativa de Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas).
Estas axudas, financiadas no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, están dotadas con 400.000 euros, ampliables en función das necesidades, co que poderán chegar a unhas 150 asociacións. Cada solicitude poderá recibir un máximo de 3.000 euros se é de carácter individual; ou de 6.000 euros, no caso das peticións conxuntas presentadas por dúas ou máis Anpas dun mesmo concello ou por unha federación ou confederación de Anpas.
O Goberno galego quere contribuír á formación, sensibilización e información das familias e asociacións de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, ao alumnado e a comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e visibilizar as mulleres e as nenas promovendo unhas relacións respectuosas e en igualdade que preveñan a violencia de xénero.
O obxectivo da convocatoria consiste en atender a demanda de cantas máis entidades mellor. En 2020, un total de 106 Anpas de centros educativos sostidos con fondos públicos recibiron estas axudas.
Poderán financiar actuacións de difusión dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarias, ás familias, ás Anpas e á comunidade educativa
Ao abeiro desta orde poden financiarse programas e actividades de difusión dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás Anpas e á comunidade educativa en xeral.
Entre as actuacións concretas, apóiase a celebración de escolas de pais e nais que aborden temas de igualdade; obradoiros de educación afectivo-sexual e sobre violencia de xénero e a elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar estes casos. Tamén a realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas; a formación para pais e nais ou mozos e mozas sobre o uso adecuado e crítico das novas tecnoloxías e sobre novas masculinidades ou micromachismos; e outras accións que permitan avanzar na eliminación dos estereotipos e dean pautas para previr a violencia de xénero e sobre como actuar ante casos de agresións.
Dado o actual contexto de pandemia, entre os gastos subvencionables inclúense os relacionados co material de protección contra a covid19, que resulten precisos para o desenvolvemento das actividades na modalidade presencial.
A Xunta considera fundamental a implicación das Anpas galegas para poder chegar ás familias e ao alumnado galego e dotalos das ferramentas necesarias para promover unhas relacións respectuosas e en igualdade que preveñan e axuden a erradicar todas as formas de violencia de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218