• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 29 de Marzo de 2026 a las 16:01:43 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Mos define a sus valedores y actualiza su inventario de bienes en un Pleno clave

      Mos define a sus valedores y actualiza su inventario de bienes en un Pleno clave

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • La Xunta financia la instalación de un ascensor en el mercado municipal de As Neves

      La Xunta financia la instalación de un ascensor en el mercado municipal de As Neves

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • La Deputación inyecta 276.000 euros a Tomiño para contratar a 19 desempleados

      La Deputación inyecta 276.000 euros a Tomiño para contratar a 19 desempleados

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Las obras en Baiona obligan a reubicar los contenedores

      Las obras en Baiona obligan a reubicar los contenedores

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • La tempada de actividades en el litoral arranca en Pontevedra con 360 instalaciones autorizadas

      La tempada de actividades en el litoral arranca en Pontevedra con 360 instalaciones autorizadas

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Lunes, 08 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
GALICIA

O Campus do Mar en Vigo recibe un pulo importante da Xunta

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, José Manuel González, visitaron recentemente a zona

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto ao xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, José Manuel González, achegáronse a semana pasada ata a antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA) con motivo da aprobación definitiva do Proxecto sectorial da área de viarios, espazos libres e infraestruturas (PS-1) do futuro Campus do Mar en Vigo.

 

A decisión do Consello da Xunta permitirá desenvolver un ámbito de algo máis de 20.000 metros cadrados que cumprirá unha función vertebradora de todos os ámbitos que integran o futuro complexo, xa que albergará espazos de uso libre, zonas verdes e tamén as conexións tanto interiores como exteriores. Asemade, tal e como destacou Fernández-Tapias, supón un paso importante para seguir avanzando no desenvolvemento deste ambicioso complexo de carácter científico-tecnolóxico nestes terreos, xa que deste xeito os tres proxectos sectoriais promovidos pola Xunta de Galicia están xa aprobados ou executados.

 

Cómpre lembrar que debido ao seu carácter estratéxico para o conxunto de Galicia, o Campus Científico-Tecnolóxico do Mar foi declarado de incidencia supramunicipal, e, en 2012, aprobouse o seu Plan sectorial de ordenación territorial como instrumento encargado de fixar as condicións particulares para o seu futuro desenvolvemento.

 

Este plan conta cun triplo obxectivo. Por unha banda, a implantación do novo campus científico-tecnolóxico promovido pola Xunta, altamente especializado e chamado a ser un referente internacional en investigación mariña; a ordenación detallada dos usos  complementarios abertos á cidadanía, para facelo un espazo máis atractivo e que contribúa á revitalización do barrio de Teis-A Guía en que se enmarca, e, por último, a súa integración nun ámbito de singular valor cultural e paisaxístico respectando os valores da contorna.

 

O ámbito do PS-1
Para cumprir con este fin, o Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da antiga ETEA prevé o seu desenvolvemento a través de seis proxectos sectoriais. Un deles é o PS-1, aprobado esta mañá e que ten por obxecto acondicionar para uso público unha superficie de 20.029 metros cadrados para destinalos a espazos libres, zonas verdes e a albergar o sistema viario do Campus.

 

Así, o PS-1 desenvolverá os espazos que permitirán vertebrar e conectar entre si todos os ámbitos do Campus do Mar, e tamén resolverá non só as conexións interiores do futuro complexo, senón a súa conexión coa cidade de Vigo, e, nomeadamente, co barrio de Teis.

 

En concreto, abrangue o viario de acceso desde a avenida Mariña Española, a praza Beiramar, o peirao leste e a súa explanada anexa, así como os espazos lindeiros á praia da Punta da Guía. O ámbito está totalmente urbanizado e carece de edificacións polo que o desenvolvemento previsto se centrará en levar a cabo a súa renovación e posta en valor.

 

Deste xeito, entre as principais obras que se van desenvolver de forma conxunta, cómpre subliñar a reurbanización da praza de Armas, limitando o tráfico rodado, e da avenida Central para potenciar os percorridos peonís e executar unha nova galería soterrada pola que discorrerán a maioría das novas redes interiores de servizos (abastecemento, electricidade e telecomunicacións) e o resto de canalizacións paralelas a ela (saneamento e gas).

 

 

 

 

O chamado PS-1 ordena e detalla unha área de 20.000 metros cadrados na antiga ETEA destinada a albergar espazos libres, zonas verdes e o sistema viario tanto interior como exterior do futuro Campus, cun investimento estimado de 10 millóns

 

 

 

 

 

Ademais, tamén se acometerá o acondicionamento do cantil e a súa explanada anexa, así como do espazo que rodea a praia de Punta da Guía, onde se prevé executar unha zona verde, un itinerario peonil e varios carrís bici en continuidade cos do PS-5. Así mesmo, o proxecto sectorial do PS-1 tamén prevé acometer as conexións exteriores cos sistemas xerais de infraestruturas (entre outros, a conexión viaria na intersección coa avenida da Mariña Española, estación de tratamento, centro de transformación eléctrico...).

 

O investimento total previsto por parte da Xunta no ámbito do PS-1 ascende a 10 millóns de euros. Nesta contía inclúense os 2,8 millóns do custo do solo abonados xa no seu día, xunto co resto dos ámbitos adquiridos na ETEA, aos cales haberá que sumar a partir de agora o custo das obras de urbanización, as conexións exteriores e os gastos derivados da redacción do proxecto sectorial e de execución, cun investimento estimado en 7,13 millóns.

 

Estado de tramitación dos outros proxectos
Dos seis proxectos necesarios para desenvolver o Campus do Mar, dous están en tramitación (PS-2 e PS-3), outros dous acaban de aprobarse (PS-1 e PS-6) e un quinto foi xa executado (PS-5). O restante proxecto sectorial, correspondente ao ámbito PS-4 e que depende do Concello de Vigo, é o único que aínda non iniciou a tramitación ambiental.

 

Ademais da xa referida área de vías, espazos libres e infraestruturas, o PS-2 e o PS-3 son os encargados de desenvolver as áreas científico-tecnolóxicas 1 e 2, respectivamente; o PS-6 resérvase para os usos complementarios entre os que destaca a construción dunha residencia para maiores con 150 prazas públicas; o PS-4 é o relativo á área de equipamento deportivo, usos complementarios dotacionais e parque urbano; e o PS-5, xa desenvolvido na súa totalidade pola Xunta, alberga, entre outros elementos recreativos, unha pista de patinaxe, unha pista de skate, carril-bici, dúas pistas multideporte e un parque infantil.

 

En total e ata o momento, a Xunta de Galicia xa leva executado un investimento de 7,7 millóns de euros en actuacións relacionadas cos tres ámbitos que promove directamente: o PS-1, o PS-5 e o PS-6. Nesta contía está incluído o custo do solo adquirido no seu día na ETEA, así como as obras rematadas xa desde 2015 na área de usos recreativos (PS-5). Cómpre lembrar que cada un dos seis proxectos deben superar cadanseu trámite ambiental promovido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático. Logo, continúan a súa tramitación ante a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e, por último, elévanse ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

 

Noticia anterior:
Feijóo: "o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade"
Noticia siguiente:
La Oficina de Atención a la Víctima y a la Ciudadanía de Vigo actova la cita previa por internet
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Alerta de estafas en alquileres vacacionales

Alerta de estafas en alquileres vacacionales

El estrés económico de los hogares anticipa un ajuste del consumo en ocio y viajes

El estrés económico de los hogares anticipa un ajuste del consumo en ocio y viajes

Los europeos exigen una UE más fuerte y autónoma

Los europeos exigen una UE más fuerte y autónoma

El fascinante mundo de los espantapájaros: historia, usos y simbolismo de una figura eterna

El fascinante mundo de los espantapájaros: historia, usos y simbolismo de una figura eterna

Opinión

Miliario Romano “O Marco”, patrimonio compartido entre Mos y Redondela

La energía que no tomas de la red es la única que no sube de precio

Therian: ¿expresión personal o síntoma de una humanidad en declive?

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

La Guardia Civil recupera en O Salnés material robado en una subestación eléctrica

La Guardia Civil recupera en O Salnés material robado en una subestación eléctrica

Detenido en Villalonga por tres robos con fuerza y enviado a prisión

Detenido en Villalonga por tres robos con fuerza y enviado a prisión

Falsa versión en un accidente: la Guardia Civil investiga a dos varones en Lalín

Falsa versión en un accidente: la Guardia Civil investiga a dos varones en Lalín

Desarticulada en Pontevedra una red que explotaba laboralmente a extranjeros

Desarticulada en Pontevedra una red que explotaba laboralmente a extranjeros

Agenda

Marzo 2026
LunMarMieJueVieSabDom
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Galicia

Gincanas urbanas en siete ciudades para que la juventud descubra el comercio local

Gincanas urbanas en siete ciudades para que la juventud descubra el comercio local

La Xunta destaca los Certificados de Ahorro Energético como una

La Xunta destaca los Certificados de Ahorro Energético como una "oportunidad clave" para los concellos

Provincia

La Deputación destinará un millón de euros para llevar el programa +Convivir a 33 concellos

La Deputación destinará un millón de euros para llevar el programa +Convivir a 33 concellos

La Deputación reparte 37 millones del Plan Extra entre 57 concellos

La Deputación reparte 37 millones del Plan Extra entre 57 concellos

Deportes

La élite y la cantera de la vela gallega brillan en la Gala 2025 celebrada en Sanxenxo

La élite y la cantera de la vela gallega brillan en la Gala 2025 celebrada en Sanxenxo

Ana Peleteiro y Adrián Ben, elegidos mejores atletas gallegos de 2025 en la gala del atletismo celebrada en Santiago

Ana Peleteiro y Adrián Ben, elegidos mejores atletas gallegos de 2025 en la gala del atletismo celebrada en Santiago

Pontevedra se convierte en el epicentro del karate nacional con el Campeonato de España Absoluto

Pontevedra se convierte en el epicentro del karate nacional con el Campeonato de España Absoluto

Motor

Madrid y Comunitat Valenciana, las únicas que logran rejuvenecer su parque de turismos

Madrid y Comunitat Valenciana, las únicas que logran rejuvenecer su parque de turismos

Salud

Más de 132.000 gallegos mayores de 65 años están en riesgo de

Más de 132.000 gallegos mayores de 65 años están en riesgo de "pobreza visual"

La astenia primaveral también puede influir en la caída del cabello, según los expertos

La astenia primaveral también puede influir en la caída del cabello, según los expertos

Dos médicas gallegas, entre los 50 mejores especialistas de la medicina privada en España

Dos médicas gallegas, entre los 50 mejores especialistas de la medicina privada en España

Turismo

La tempada de actividades en el litoral arranca en Pontevedra con 360 instalaciones autorizadas

La tempada de actividades en el litoral arranca en Pontevedra con 360 instalaciones autorizadas

Hogar

La crisis en Irán dispara el precio de la energía y reaviva el interés por el autoconsumo

La crisis en Irán dispara el precio de la energía y reaviva el interés por el autoconsumo

El precio medio de la vivienda hipotecada en España sube un 6,5% en 2025 y la obra nueva sigue en mínimos

El precio medio de la vivienda hipotecada en España sube un 6,5% en 2025 y la obra nueva sigue en mínimos

Galicia arranca el año con una bajada en el precio del alquiler del -2,7%

Galicia arranca el año con una bajada en el precio del alquiler del -2,7%

Seguridad | Protección Civil

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Tormentas de invierno y frío extremo | Consejos de seguridad

Tormentas de invierno y frío extremo | Consejos de seguridad

Feijóo: "o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade"

La Oficina de Atención a la Víctima y a la Ciudadanía de Vigo actova la cita previa por internet

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder