TURISMO
A Xunta destinará aos guías de turismo 170.000 euros para novos produtos nos Camiños de Santiago
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse recentemente con representantes da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, e destacou o papel do colectivo para presentar a comunidade como un destino seguro neste Ano Santo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse con representantes da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (Apit Galicia), coa que a Xunta asinará un convenio de colaboración cunha dotación de 170.000 euros co obxectivo de crear novos produtos turísticos en localizacións dos Camiños de Santiago e vinculados co Xacobeo.
Alfonso Rueda destacou o importante papel que este colectivo ten encomendado neste Xacobeo, porque constitúe unha das principais cartas de presentación do turismo galego. Así, sinalou que neste Ano Santo tamén axudarán a relanzar Galicia como un destino seguro e cunha oferta diversificada e de calidade.
O acordo inclúe o financiamento da creación de novos produtos turísticos nos Camiños de Santiago e a colaboración para a profesionalización e adaptación do colectivo de guías turísticos
Por iso, incidiu na oportunidade que supón o Xacobeo para a recuperación económica do sector, motivo polo cal a Xunta apoiará iniciativas levadas a cabo polos guías de turismo de Galicia en concellos polos que pasa o Camiño. Estes proxectos permitirán, ao mesmo tempo, reforzar os servizos doutros negocios do sector como axencias de viaxe ou establecementos hoteleiros e hostaleiros que tamén apostan polo Xacobeo.
O acordo inclúe medidas como o financiamento de ata o 50% do custo de visitas guiadas en localidades das distintas rutas xacobeas; un concurso de ideas para crear novos produtos turísticos nestes concellos con alternativas aos peregrinos; ou a posta en marcha dunha ferramenta informática denominada “Descubre os Camiños” que agrupe tódalas actividades levadas a cabo polos guías turísticos nestes municipios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49