VIGO
"O Goberno español elude avalar o túnel de Elduayen" asegura o BNG
A resposta oficial limítase a sinalar que se trata dun asunto de competencia municipal sen dar contestación a ningunha das preguntas concretas trasladas por Néstor Rego
O Bloque Nacionalista Galego fixo pública a resposta remitida polo Goberno español á interpelación formulada, a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, en relación ao proxecto de túnel entre Elduayen e Policarpo Saz. Na mesma, o executivo de Madrid elude avalar a actuación e limítase a indicar que se trata dun asunto de competencia municipal, sen dar contestación ás tres preguntas concretas trasladadas polo Bloque.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que o pasado mes de decembro a fronte nacionalista decidiu interpelar o Goberno español sobre o polémico proxecto de túnel en Elduayen, ao ser cofinanciado nun 80% por fondos FEDER xestionados polo Estado e por entender que esa actuación colida coa previsión de retirar o tránsito rodado no centro das cidades prometida polo presidente, Pedro Sánchez.
Xabier P. Igrexas: “O Goberno de PSOE e Unidas Podemos non quere expresar a súa opinión sobre un proxecto de túnel innecesario, caro, ambientalmente insustentábel e que conta cunha importante oposición veciñal”
Na interpelación, presentada polo voceiro nacionalista no Congreso, Néstor Rego, formulaban tres preguntas concretas que non recibiron contestación. En primeiro lugar, demandaban que o Goberno valorase o proxecto de túnel. En segundo, que se indicase se o proxecto, ao ser cofinanciado por fondos FEDER, fora obxecto de algún tipo de avaliación ou supervisión por parte da administración xeral do Estado. E por derradeiro, as nacionalistas interrogaban o executivo do Estado a respeito de se consideraba axeitada a fórmula de soterrar o tránsito rodado, a través dun túnel, en relación ao obxectivo expresado polo propio Goberno de retiralo dos centros urbanos en cidade de máis de 50 mil habitantes a partir do ano de 2023.
No entanto, a resposta oficial a todas esas cuestións foi, literalmente, que “en relación ao asunto interesado, sinálase que a competencia do mesmo reside na administración local correspondente”. Para Igrexas é claro que con esa evasiva o Goberno de coligazón entre PSOE e Unidas Podemos “non quere expresar a súa opinión sobre un proxecto de túnel innecesario, caro, ambientalmente insustentábel e que conta cunha importante oposición veciñal”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171