VIGO
O goberno de Vigo lanza un contrato de 8,4 millóns para a mellora de estradas
O alcalde informou do concurso público que lanzou o Concello para acondicionamento e mellora do firme nos máis de mil quilómetros de infraestruturas viarias de titularidade municipal. Os traballos inclúen ademais o mantemento das esculturas, estatuas e elementos ornamentais
Abel Caballero comunicou que o goberno vigués ten en marcha un concurso público para contratar o mantemento, acondicionamento e mellora dos firmes das estradas de titularidade municipal, que suman 1.006 quilómetros en total.
O expediente xa foi aprobado pola Xunta de Goberno Local, presenta un orzamento de 8,4 millóns de euros e inclúe tamén a conservación das esculturas, estatuas e demais elementos ornamentais instalados nas prazas e vías municipais. A empresa que resulte adxudicataria, segundo trasladou Caballero, deberá encargarse da vixilancia e inspección do estado dos firmes, do mantemento ordinario das estradas e da atención a emerxencias e urxencias que se poidan dar, ata garantir as condicións normais de seguridade e circulación.
Nos pregos de condicións que administran o contrato, o Concello recolle un persoal mínimo adscrito a este, que terá que estar conformado por un contratista, un enxeñeiro, un encargado e un administrativo. Abel Caballero detallou que a compañía deberá amais empregar a un enxeñeiro e un topógrafo para realzar as inspeccións, a dous capataces para os traballos de vixilancia da rede viaria, a un capataz e dous oficiais como retén para atender as emerxencias, e a un equipo de quince profesionais (tres capataces, seis oficiais e seis peóns) para os traballos de mellora programados a medio prazo.
Por outro lado, a firma que gañe o concurso público a catro anos estará obrigada a dispor dun mínimo de 24 vehículos e maquinaria de distintos tipos, con menos de cinco anos de antigüidade ao inicio do contrato e terá que renovala cando a idade supere os oito anos. O alcalde tamén subliñou que o Concello demanda que a empresa proporcione unha nova aplicación informática para o desenvolvemento do servizo, compatible co resto de sistemas de información municipais xa operativos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171