GALICIA
A Xunta renova a liña de axudas para fomentar a recuperación do turismo de reunións
O Diario Oficial de Galicia publica a orde de subvencións dotada con 650.000 euros para promover o desenvolvemento de eventos nas anualidades 2021-2022
Co obxectivo de fomentar a recuperación dun segmento tan duramente castigado pola crise do coronavirus coma o turismo de congresos, o Diario Oficial de Galicia publica de axudas para as anualidades 2021-2022 dirixida a recuperar a actividade congresual en canto as condicións sanitarias así o permitan.
A nova convocatoria está dirixida a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos así como calquera outra entidade organizadora de eventos nos que os seus participantes pernocten polo menos unha noite en Galicia.
Trátase dunha liña de axudas coa que se quere apoiar a este segmento turístico, especialmente importante pola súa capacidade desestacionalizadora e diversificadora da oferta turística galega, xa que contribúe a fomentar o atractivo do destino a través dun modelo que fomenta un turismo seguro, competitivo, sostible e adaptado aos novos cambios do mercado.
Incremento do 20% nas axudas
Esta convocatoria conta cun orzamento total de 650.000 euros dividido en dúas anualidades, cun crédito de 200 mil euros para o 2021 e de 450.000 euros para 2022, o que supón un incremento dun 20% de orzamento respecto ao ano pasado.
Poderán beneficiarse desta convocatoria de axudas en réxime de concorrencia non competitiva universidades ou organismos públicos de investigación, a través dos seus centros, institutos, departamentos, seccións ou outras unidades de investigación; sociedades científicas legalmente constituídas, colexios profesionais e outras entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia así como empresas privadas organizadoras de congresos, reunións e incentivos.
Os eventos obxecto da solicitude de axuda deberán executarse entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2021 para a primeira anualidade e entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022 para a segunda anualidade.
Ata 30.000 euros
Os beneficiarios poderán optar a axudas entre os 2.500 e os 30.000 euros como máximo por evento, o que supón tamén un incremento dun 20% no importe máximo a percibir por axuda concedida, en función da puntuación acadada. Á hora de valorar a concesión da subvención teranse en conta criterios como o tipo de evento, o seu ámbito xeográfico, o número de asistentes e o mes de celebración, así como as actividades complementarias propostas, entre outros aspectos.
Serán considerados gastos subvencionables os relacionados coa organización do evento (secretaría técnica; gastos directos dos relatores, gastos de sede, alugueiro de equipamentos, gastos de produción, de persoal ou de comunicación, entre outros).
As solicitudes deberán presentarse na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal (código do procedemento TU403A)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11