DEPORTES
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das subvencións a entidades deportivas
Destaca a nova liña de implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 cun importe de 2 millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Secretaría Xeral para o Deporte pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia non competitiva de subvencións, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19, e se convocan para o ano 2021. Para o financiamento desta convocatoria destínase un total de 3,92 euros, distribuídos entre a liña de desenvolvemento de actividades deportivas (1,92 millóns de euros) e a nova liña de implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 (2 millóns de euros). Deste xeito, o importe total duplícase con respecto ao exercicio de 2020 (1,92 millóns de euros).
No caso das subvencións á actividade deportiva, establécese a contía de axuda máxima por entidade beneficiaria en 10.000 euros. No caso das subvencións para a implementación de medidas de seguridade e prevención ante a COVID-19, esta contía máxima poderá ser de ata 3.000 euros, para o caso de entidades que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que impliquen contacto, e de ata 1.500 euros, para as entidades que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que non impliquen contacto e para as entidades que participen en competicións oficiais de ámbito autonómico. Neste segundo caso, a entidade pode chegar a recibir ata un máximo de 4.500 euros no caso de que conte con equipos que se enmarquen nos dous supostos anteriores.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cómpre salientar que, ademais do incremento da dotación desta partida, o pasado 5 de febreiro publicábase a resolución das subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos que acadan os 700.000 euros, como no caso do exercicio de 2020 e a pesar do actual escenario de pandemia que provoca que parte da actividade deportiva autonómica federada non se está a realizar. A principios do mes de febreiro, o Consello da Xunta aprobaba a sinatura dos convenios de colaboración coas federacións galegas que tamén manteñen o seu importe de 2020 e o máis elevado da serie histórica desde 2011 sendo este de 4,4 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163