Lunes, 09 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 18 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño, Mos e Salceda sumaron 69 casos de violencia de xénero o ano pasado

Pedro Pereira, como alcalde accidental, asinou co coronel Simón Venzal, xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, e en presenza de Maica Larriba, subdelegada do Goberno na provincia, a renovación da adhesión do Concello do Porriño a o protocolo "Vioxén". Trátase do programa de vixilancia e protección integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero. O protocolo establece a colaboración entre a Policía Local do Porriño e as outras forzas e corpos de seguridade do Estado.

 

Antes da sinatura da renovación do protocolo, a subdelegada do Goberno informou de que os casos activos de vítimas de violencia de xénero baixo este sistema de vixilancia son 69 no partido xudicial do Porriño: 34 correspondentes a Mos, 24 a Porriño e 11 a Salceda.

 

Maica Larriba definiu que este modelo de colaboración entre administracións para protexer ás vítimas de violencia de xénero "é un bó exemplo de cogobernanza". "Para o Goberno que represento, a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade e quero transmitir a mensaxe a todas as mulleres de que non están soas", dixo a subdelegada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.