Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 19:03:30 horas

Xornal21.es
Lunes, 22 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui contratará a 15 persoas co Plan Concello 2021

O Concello de Tui vai contratar a 15 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concello 2021. A través desta subvención da Deputación contratarase a estes traballadores para postos destinados a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.


O Concello de Tui contratará no próximo mes de marzo a un condutor oficial de segunda durante 9 meses e medio, a xornada completa, e a dous animadores turísticos cun contrato coa mesma duración e tamén a xornada completa. No mes de abril o Concello de Tui contratará a dous albaneis oficiais de segunda por 9 meses a xornada completa, un oficial cerraxeiro de segunda por 9 meses, tamén a xornada completa, e un oficial carpinteiro de segunda a xornada completa por 9 meses. Amáis no mes de abril tamén se contratará a 8 peóns de horticultura cun contrato por 8 meses de duración en modalidade de xornada parcial (30 horas a semana).


Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.


Os perfís, xornada, a duración e as datas de inicio previstas para as 15 contratacións son as que indicamos a continuación:

Nº traballadores

Ocupación

Xornada

Data prevista inicio/ duración

Codigo ocupación

1

Oficial 2ª condutor

completa

15/03/2021 (9,5 meses)

84 321042 categoría 00

2

Oficiais 2ª albanel

Completa

01/04/2021 (9 meses)

71211015 categoría 50

1

Oficial 2ª cerraxeiro

Completa

01/04/2021 (9 meses)

73 121051 categoría 50

1

Oficial 2ª carpinteiro

Completa

01/04/2021 (9 meses)

71 311049 categoría 50

8

Peón horticultura

Parcial (30 horas semana)

01/04/2021 (8 meses)

95 121019 categoría 80

2

Animadores turísticos

Completa

15/03/2021 (9,5 meses)

37 241016 categoría 00

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.