PROVINCIA
Novos investimentos para os concellos da provincia
O goberno provincial deu luz verde a achegas para nove concellos coas que poderán levar a cabo novas contratacións de persoal, xestión de residuos ou pavimentacións
A Deputación de Pontevedra ven de aprobar no marco do Plan Concellos investimentos por valor de 1,6 millóns de euros. En concreto, beneficiaranse destas achegas os concellos da Guarda, Cangas, Mondariz-Balneario, Mos, Ponteareas, Portas, Sanxenxo, Silleda e Tui.
Ao abeiro da liña 3 de creación de emprego aprobáronse novos investimentos por 1,3 millóns de euros para que seis novos concellos – A Guarda, Mos, Ponteareas, Sanxenxo, Silleda e Tui- contraten a 124 persoas. A presidenta provincial, Carmela Silva, fixo balance e lembrou que con estas novas achegas “xa son 40 os concellos que teñen aprobada esta liña” grazas á que “606 persoas van a ser contratadas cuns recursos que ascenden a 6,4 millóns de euros”.
Ponteareas e Sanxenxo so os concellos desta terceira relación da liña 3 que, pola súa poboación, máis persoal poderán contratar. O primeiro deles recibirá 316.947,28 euros para contratar a 32 persoas traballadoras mentres que Sanxenxo contará con 260.088,82 euros cos que dará traballo a 39 persoas. Pola súa banda, A Guarda contratará a 13 persoas cunha subvención de 152.227,90 euros e Mos fará o mesmo con outros 16 traballadores e traballadoras grazas a unha achega de 177.486,72 euros. Ademais, Silleda contratará a 9 persoas cunha achega provincial de 135.170 euros e Tui dará traballo a 15 persoas con 231.223,64 euros do Plan Concellos.
A Xunta de Goberno tamén aprobou a segunda relación de achegas da liña 2 do plan coa que se levarán a cabo “servizos fundamentais que son competencia dos concellos e que financia a Deputación e Pontevedra”, subliñou Silva. Neste senso recibirán axudas o concellos de Mondariz-Balneario, Mos, Portas e Silleda. Con elas Mondariz-Balneario financiará un plan de xestión de arborado, a redacción dun estudo para a Ruta da Camelia e a reposición de árbores en beirarrúas. O concello de Mos empregará esta subvención nun servizo público de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos e limpeza viaria. No que respecta a Portas usará as achegas para amortizar a súa débeda e Silleda vai empregalas nun servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.
Doutra banda, a Xunta de Goberno aprobou unha achega para Cangas, cun orzamento de 92.000 euros, cos que o concello da comarca do Morrazo realizará obras de pavimentación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11