GALICIA
O DOG publica o modelo de solicitude para a exención do canon da auga na hostalaría
A resolución recolle os requisitos para a tramitación destas exencións, previa solicitude dos interesados
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se establece o modelo de solicitude da exencións no canon da auga e coeficiente de vertido a aqueles sectores económicos afectados na súa actividade pola evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria derivada da covid-19, como son os establecementos de restauración e ocio.
A resolución recolle a disposición da Lei de medidas fiscais e administrativas dos Orzamentos da Xunta para o ano 2021, que establece os requisitos para poder obter dita exención, que debe tramitarse previa solicitude do interesado. A información sobre esta medida de apoio da Xunta aos sectores máis afectados, e o modelo normalizado de solicitude de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura inclúese no anexo da resolución publicada no DOG: https://xurl.es/Augas+de+Galicia
Poden acollerse a esta medida de apoio da Xunta os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares, salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo, furanchos hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos
Poderán acceder á exención do pagamento do canon da auga ou do coeficiente de vertedura os titulares de auga dos establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares; de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos; así como os hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos.
A exención do pagamento será de aplicación sempre que estes establecementos teñan diminuído significativamente a súa actividade durante a vixencia da mesma.
A disposición fixa que os consumos realizados sexan iguais o inferiores ao 25% do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro. Poderán tamén acceder a estas exencións no casos dos rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico se desprenda unha diminucións da actividade de, polo menos o 75%.
A exención do pagamento do canon da auga ou do coeficiente de vertedura os consumos de auga aplicarase aos períodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro de 2020 e ata a data na que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11