Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 19 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Un cento de animais atoparon un novo fogar grazas ao CAAN

Carmela Silva recibiu hoxe a “Suillo”, ata agora o avó do centro, adoptado fai unha semana por Francisco, “quen representa a unha sociedade que merece moito a pena e que amosa unha forma marabillosa de estar no mundo, que é o apego polos animais”

A do can “Suíllo” e o seu novo dono, o pontevedrés Francisco Aboal, foi hoxe a imaxe coa que a presidenta da Deputación Carmela Silva quixo poñer en valor ás persoas que deciden adoptar cans e cadelas “e que amosan unha forma marabillosa de estar no mundo, que é o apego polos animais; representan a unha sociedade que merece moito a pena”. “Suíllo” era ata agora o can máis veterano do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN), onde entrou hai dous anos e medio tras ser recollido en Gondomar, e desde a pasada semana é un dos 100 animais que desde as instalacións, que xestiona a Deputación, lograron acadar un novo fogar no que vai de ano.

 

[Img #67895]Son, como destacou hoxe a presidenta, cifras “excepcionais”, se se ten en conta que o pasado ano acadárase o récord anual de adopcións, con 583, e que no mesmo período, entre o 1 de xaneiro e o 16 de febreiro, levábanse entón 37. “Triplicamos e polo tanto estamos felices –sinalou-, porque isto significa que a sociedade se compromete máis ao coidado dos animais e co benestar animal e opta polas adopcións”.

 

 “Suíllo”, de seis anos, é agora a alegría da familia en casa de Francisco Aboal, en Mourente (Pontevedra), quen se amosou encantado da súa compañía. “Eu pido á xente que adopte cans, porque piden pouco e transmiten moita felicidade –sinalou-. Levo oito días con este can e aí o teñen. É máis valente ca min e dáme moito. Emocióname como me mira”. Aboal tamén agradeceu á labor que desenvolve a Deputación a través do CAAN no coidado destes animais mentres non atopan un novo fogar. “E pido á xente que os adopte para coidalos, non para telos nunha finca abandonados”, concluíu.

 

 

 

 

Francisco Aboal: “Pido á xente que adopte, porque os animais piden pouco e transmiten moita felicidade. Emocióname como me mira”

 

 

 

 

A presidenta destacou que das 100 adopcións deste 2021, 81 rexistráronse en Galicia, mentres que houbo 9 en Castela A Mancha, 7 en Castela León, 1 en Cataluña, 1 no País Vasco e 1 en Extremadura. Das galegas, 72 foron na provincia de Pontevedra, 6 en Lugo e 3 na A Coruña e ata agora o Concello con máis adopcións foi A Estrada (15), seguido de Vigo (13) e Pontevedra (8).

 

A “outra cara da moeda” segue a estar nas situacións de abandono. No que vai de ano houbo 121 recollidas, cunha media de 80 ao mes, aínda que reflicte unha tendencia á baixa xa que o ano pasado foi de 114. “Ogallá continuemos con esta tendencia de aumento de adopcións e diminución das recollidas”, dixo a presidenta, aínda se están a producir situacións “lamentables “. Deste xeito, citou o caso de nove cachorros de tan só un día de idade que foron recollidos abandonados nun monte en Valga o pasado día 14, despois da alerta dunha veciña. Tamén a recente recollida de hoxe mesmo, unha camada de 7 cachorros abandonados nun colector en Ribadumia. “É intolerable abandonar así aos cachorros” –lamentou-

 

Doutra banda, co exemplo de “Suíllo”, a presidenta tamén quixo destacar o feito de que o CAAN está dando saída aos animais que máis tempo levaban no centro, “polo que estamos a lograr un dos grandes obxectivos, que é que os cans e cadelas que recollemos pasen o menor tempo posible nas instalacións e acaden un novo fogar”. Trala marcha deste can, agora o relevo de veterano o recibiu “Posto”, que tamén entrou no 2018. “Queremos que cada vez haxa menos avós e avoas no CAAN, que haxa menos tempo de permanencia”, subliñou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.