Provincia de Pontevedra
Axudas para programas de igualdade e loita contra a violencia machista
A Xunta de Goberno ven de aprobar as subvencións para que as entidades sociais da provincia poidan desenvolver estas iniciativas
Tan só unha semana despois de aprobar as bases de subvencións dirixidas a concellos da provincia para impulsar programas de igualdade e loita contra a violencia de xénero, a Xunta de Goberno da Deputación de pontevedra ven de subscribir agora as bases das axudas a entidades sociais da provincia, por importe de 108.000 euros. Deste xeito, en poucos días, o Goberno provincial deu visto bo a destinar 340.000 € para impulsar este ano programas de igualdade e rachar coa lacra das violencias machistas na provincia de Pontevedra.
En concreto, a través dos 108.000 € que vén de aprobar a institución provincial, as entidades sociais poden destinar recursos a proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; iniciativas de atención integral para vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos e persoas dependentes; programas destinados a mulleres con singulares dificultades; proxectos que favorezan e fomenten a igualdade; actividades para a mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; iniciativas encamiñadas a crear redes e servizos de apoio ou ben campañas de difusión e sensibilización á cidadanía en materia de igualdade.
No 2020 estas axudas beneficiaron a 26 entidades sociais dos concellos de Cambados, Cangas, Lalín, Marín, Mos, Pontevedra, Silleda, Tui, Vigo e Vilagarcía que puideron desenvolver programas de información e apoio ás vítimas de violencia de xénero, actividades formativas e de atención integral, proxectos de empoderamento dirixidos a mulleres con diversidade funcional e inmigrantes, así como conferencias, talleres de mindfulness ou mesmo cursos de autodefensa persoal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11