Jueves, 02 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Lunes, 01 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño prestará biotrituradoras

O Concello levará ao próximo pleno a ordenanza que regulará este servizo que ten como obxectivo facilitar a correcta xestión de residuos de orixe vexetal por parte de particulares

O Concello de Tomiño levará esta semana a pleno a ordenanza que regulará o servizo municipal de préstamo de biotrituradoras, que se porá en marcha co obxectivo de fomentar entre a veciñanza unha correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito doméstico. A través deste sistema de préstamo porase a disposición de tomiñeses e tomiñesas biotrituradoras eléctricas e outras accionadas por motor de combustión.


Nos municipios máis rurais este tipo de residuos poden supoñer ata un 10% do lixo domiciliario, polo que con este servizo evitarase que este tipo de restos rematen no circuíto de recollida do lixo, cos conseguintes custes asociados, así como reducir o número de queimas, minimizando o risco de incendios e contaminación ambiental.

Ademais, o uso deste servizo permitirá obter  un produto de valor engadido para o programa de compostaxe do Concello, que pode ser empregado como estruturante ou ben directamente como material de acolchado para horta e xardín.


Con este regulamento o Concello establece as normas básicas de uso destas biotrituradoras, así como os dereitos e deberes que deben cumprir todas as persoas usuarias. Poderán ser solicitadas por persoas maiores de idade con domicilio en Tomiño que se dean de alta no servizo e estean ao corrente das súas obrigas tributarias. No momento de darse de altas, os usuarios e usuarias recibirán as instruccións necesarias para o funcionamento da maquinaria.


As biotrituradoras deben reservarse polo menos cunha semana de antelación presentando o modelo de solicitude que estará dispoñible nas oficinas xerais ou na páxina web do Concello, onde se procederá á súa tramitación. Unha vez feita a solicitude persoal municipal porase en contacto co ou coa solicitante para indicarlle data e lugar de recollida posible. O horario tanto para a retirada como para devolución será os mércores de 08.00 a 14.00 horas.


As persoas solicitante só poderá empregar os aparellos para triturar restos leñosos procedentes de podas domiciliarias, como ramas de árbores froiteiras, viña, árbores ornamentais, restos de xardinería... sempre dos límites territoriais do municipio. O préstamo será por un máximo dunha semana e para poder volver solicitar o servizo é necesario que transcorra polo menos unha semana.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.