DEPORTES
O Club Ciclista “Master da Louriña” recibirá 15.000 euros do Concello do Porriño
A alcaldesa, Eva García, en presenza do concelleiro delegado de Deportes, David Alonso, asinou esta semana o contrato de patrocinio do Concello do Porriño co club ciclista Master da Louriña, representado polo seu presidente, Juan José Alvarez Cerdeira.
A achega municipal será de 15.000 euros para esta entidade deportiva que ten 110 licenzas para esta tempada.
Manteñen 5 equipos en categorías elite e sub 23 masculino e feminino; en alevíns femininos; na categoría máster (veteranos) e a nova formación de “mountain bike” para categoría BTT-XCO.
Esta campaña competirá baixo a denominación “La Sal Cocinas Louriña”, despois do acordo con esa firma, como principal patrocinador privado.
A escuadra porriñesa dispón entre os seus principais baluartes con Aida Valiño, Uxía Fernández, Carla Guisande, Elsa Pena e en homes con Gustavo Rodríguez e Anxo Lorenzo.
Na recente presentación do equipo para esta tempada, o presidente do Master da Louriña subliñou o acordo alcanzado co Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para incorporar ao equipo xuvenil feminino a cinco das mozas que se forman neste centro de alto rendemento. Entre elas a triatleta porriñesa, Carla Guisande.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163