GALICIA
Galicia porá en marcha un programa con medidaspara reactivar o comercio de proximidade
Feijóo subliña que contemplará medidas en dous grandes ámbitos para impulsar a transformación dixital e o consumo nas tendas con bonos desconto
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta semana, na rolda de prensa de Consello, que nas próximas semanas se porá en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade, que contará cun investimento de 20 M€.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta explicou que este programa, que se está a ultimar co sector, contemplará medidas en dous grandes ámbitos. Por unha banda, dixo, iniciativas que impulsen a súa transformación dixital, cunha aposta clara polo comercio en liña.
E, por outra, engadiu, axudas para dar resposta ás necesidades máis inmediatas e contribuír a impulsar o consumo nas tendas. Sobre este último punto, Feijóo adiantou que se poñerá en marcha un programa de bonos desconto para mercar no comercio local.
Con respecto á desescalada que se inicia mañá, anuncia que a partir desta fin de semana os maiores das residencias inmunizados contra o virus poderán facer algunha saída para dar algún pequeno paseo
Son medidas encamiñadas a paliar a situación dunha actividade clave para a economía e o emprego duramente afectada pola pandemia e polas súas consecuencias.
Desescalada gradual e medida
En relación ao proceso de desescalada que se inicia mañá, o presidente da Xunta solicitou á cidadanía un novo exercicio de responsabilidade individual e colectiva para non retroceder nos avances.
Por último, anunciou que, co ánimo de seguir aliviando as restricións, a partir desta fin de semana os maiores das residencias que recibisen hai máis de 10 días a segunda dose da vacina poderán realizar un máximo de dúas saídas á semana de ata dúas horas cada unha para dar algún pequeno paseo. Ademais, as visitas (que seguirán sendo tres á semana de dúas persoas de referencia) poderán desenvolverse en espazos exteriores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11