Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 27 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP demanda unha solución urxente ao pago das axudas polo Covid-19

"É importante priorizar o pago da última convocatoria de axudas para empresas e autónomos, que terían que estar pagadas antes do 31 de Decembro e estamos ás portas do mes de marzo, e seguen sen ser pagadas" explican dende ACIP.


"E ben sabido polos veciños que o noso Grupo Municipal ACiP, desde o primeiro momento que empezamos a sufrir as consecuencias do COVI-19 que tanto nos afecta económicamente,  sanitariamente, como socialmente, presentamos no Concello propostas para crear bolsas de axudas ao noso sector económico e social, aprobándose no pleno co noso apoio en modificacións orzamentarias que dan lugar a esta última convocatoria, que tería que estar pagadas aos solicitantes antes do 31 de Decembro", lembra o  Portavoz Juan Carlos González Carrera.


Nesta convocatoria cun orzamento de 230.794 euros, podían acceder todos os sectores produtivos e económicos do noso  Concello, ademais a consecución dos seguintes obxectivos: Preservar o tecido empresarial; Protexer o interese xeral, apoiando os traballadores autónomos e as PEMES;Lograr a reactivación da economía na nosa  localidade: Incentivar a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións.

 

Presentáronse 141 solicitudes, das cales no mes de decembro só retívose no orzamento municipal 130.000 euros. Parécenos unha irresponsabilidade a propósito da necesidade dos 230.794 euros postos inicialmente na convocatoria.


"O lamentable a data de hoxe, é que non está garantido o pago das solicitudes por falta de partida orzamentaria nos orzamentos, é a desculpa que están a dar desde o goberno municipal aos solicitantes. Preguntámonos onde gastaron esas partidas económicas dando as costas aos veciños, unha vez mais?" aseguran.


Desde  ACiP "demandamos ao goberno sensibilidade, e que prioricen as necesidades de moitas empresas e autónomos que están a agonizar pola situación que están a pasar. Esa axuda é máis que unha necesidade e un respiro no día a día".


"Descúlpanse co orzamento municipal e a falta de partida económica o mesmo que leva aprobado desde o mes de decembro, co cal podería estar todo resolvido a data de hoxe, e tamén cabe lembrar que cando o aprobaron publicitaran a existencia de millóns de euros para este tipo de axudas. Preguntámonos onde están?, ou seria outra publicidade enganosa mais?. Apelamos ao sentido común e responsabilidade" indicand en de ACIP.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.