Galicia
As oposicións de Educación desenvolveranse do 19 de xuño ao 23 de xullo
O obxectivo é garantir a seguridade sanitaria na convocatoria máis ampla neste eido, con 3.894 tras a ampliación para profesores técnicos de FP
A Xunta de Galicia comezará o vindeiro 19 de xuño as probas das oposicións de Educación, uns exames que se prolongarán ata o 23 de xullo, se realizarán de xeito escalonado e en sedes descentralizadas para algunhas especialidades. Así o explicou en declaracións aos medios de comunicación o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, antes do acto de recepción aos auxiliares de conversa que están a prestar servizo este curso no sistema educativo galego.
O titular do departamento educativo da Xunta explicou que se inicia agora a rolda de contactos para abordar cos axentes implicados estas novidades, dirixidas a garantir a seguridade sanitaria no proceso de oposicións.
En concreto, a primeira fase das probas desenvolverase do 19 ao 25 de xuño de xeito escalonado para evitar a concorrencia dun elevado número de persoas nun mesmo lugar. Os tribunais, a través da web da Consellería, comunicarán a data de realización da proba, a hora e o lugar. No referido á realización da parte práctica da proba, a data fíxaa cada tribunal, aínda que o límite para rematar todo o proceso será o 23 de xullo.
No que respecta ao número de sedes, ademais de celebrar as probas nas sete cidades, como vén sendo habitual, ampliarase a realización das probas dalgunhas das especialidades a outras vilas. Os lugares aínda se están a perfilar, pero buscaranse vilas con boas conexións, en aras dunha maior comodidade para os opositores.
Persoal mobilizado
O conselleiro explicou tamén que este ano se dobrará o número de tribunais, que pasan dos 163 que houbo en 2019 ao 359 este ano, o que supón un incremento do 120%. Deste xeito, redúcese de forma significativa o número de persoas opositoras por tribunal, en concreto nun terzo (32%): de 109 no ano 2019 a 74 este ano. Este incremento de tribunais suporá mobilizar a máis de 3.500 profesores entre titulares e suplentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11