Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 04 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba novos investimentos por 835.000 no marco do Plan Concellos

Beneficiaranse destas achegas do plan provincial os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, Meaño, Pontecesures, O Porriño e Vilanova de Arousa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra segue a aprobar recursos ao abeiro das liñas 2 e 3 do Plan Concellos 2021 destinados a financiar diferentes actividades e, sobre todo, a contratación de persoal para os municipios da provincia. Nesta ocasión deuse vía libre a novos investimentos de 835.000 euros, cos que se verán favorecidos os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, Meaño, Pontecesures, O Porriño e Vilanova.

 

Beneficiaranse desta cuarta relación de achegas para o emprego A Cañiza, Gondomar, Meaño, Pontecesures e O Porriño. Para estes cinco concellos foron aprobados 763.000 euros cos que poderán levar a cabo a contratación de 71 traballadores e traballadoras. Contando con estes investimentos, xa son 45 os concellos que teñen aprobadas subvencións dentro da liña 3 por 7,1 millóns de euros grazas aos cales se contratarán a 677 persoas na provincia de Pontevedra.

 

 

 

 

En mes e medio xa son 45 os concellos os que xa teñen aprobadas as axudas por 7,1 millóns de euros cos que poderán contratar 677 persoas

 

 

 

 

En concreto, A Cañiza contratará a 12 persoas con 125.027 euros financiados pola Deputación mentres que Gondomar fará o mesmo con outras 10 traballadoras e traballadores grazas a un investimento de 158.069 euros. O concello de Meaño dará traballo a 16 persoas con 148.500 euros. O Porriño será o concello que máis persoas contrate con estas novas achegas, que no seu caso ascenden a 249.366 euros cos que dará traballo a 25 persoas. Pola súa parte, Pontecesures contratará a 8 traballadoras e traballadores grazas a un investimento de 82.002 euros.

 

Na Xunta de Goberno foi aprobada tamén a terceira relación da liña 2 grazas á cal os concellos de Cerdedo-Cotobade, Pontecesures, O Porriño e Vilanova de Arousa contarán con máis de 72.000 euros para amortizacións, pago de débedas e gastos correntes. Con estas achegas Cerdedo-Cotobade actuará sobre dous treitos do XIX Rally do Albariño e Pontecesures realizará labores de limpeza viaria en varias rúas. Pola súa banda, O Porriño empregará as subvencións para o apoio e reforzo escolar a menores en desvantaxe así como para realizar accións de formación académica a familias en risco de exclusión social. Ademais, Vilanova de Arousa poderá financiar a Festa do Momo Virtual 2021.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.