Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 04 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda denuncia "maior suba de impostos da historia de Salceda"

Sobre ogoberno do MS-PSOE destaca "o afán recaudatorio con respecto ao IBI en vez da defensa da veciñanza de Salceda"

O pasado xoves 25 de febreiro celebrouse o Pleno Municipal Ordinario, “o primeiro pleno do ano, e o máis importante para defender a veciñanza de Salceda de Caselas, sin embargo, o bigoberno municipal MS-PSOE volveu antepoñer os seus intereses frente ao dos veciños e veciñas de Salceda” di Santi Davila.

 

Como xa ben sendo habitual, “os salcedenses recibimos os últimos anos coa subida do IBI (urbana), un incremento do 38% entre 2011 e 2019 pero agora, non conformes, o bigoberno nin informou nin moito menos intentou paralizar o procedemento simplificado de valoración colectiva, o cal vai causar un grave perxuizo económico ós veciños e veciñas. E non só é o feito de non informar nin paralizar o procedemento, senón que reflexaron os 800.000€ que se recaudarán a maiores (case un 100% máis que o de ata agora) do imposto no orzamento do ano 2021” afirmou o voceiro popular.

 

Unha vez máis, “desde o Grupo Municipal Popular defendemos a veciñanza, porque no contexto sanitario de pandemia no que nos atopamos, con consecuencias catastróficas para as economías das familias, un aumento na carga impositiva deste calibre mostra por parte das administracións implicadas unha falta de sensibilidade, alleos totalmente ás circunstancias extraordinarias que sofre a poboación, reflexando que o afán recaudatorio é maior que a defensa dos intereses lexítimos dos/as veciños/as” sentenciou o concelleiro popular.

 

Sen lugar a dúbidas, “é o noso deber como Grupo maioritario da Corporación, instar a Alcaldesa e o goberno municipal que tome medidas en prol de minimizar o impacto impositivo, por iso, desde o noso grupo pediuse ó goberno a, por un lado, solicitar a xerencia territorial do Catastro a paralización do inicio  do procedemento simplificado de valoración colectiva no Concello coa maior dilixencia para anticiparse á chegada de notificacións aos afectados/as, por outro lado, a solicitar a moratoria de dous anos no inicio deste procedemento e finalmente, a modificar a ordenanza que regula o IBI do Concello na liña de baixar o tipo impositivo actual do 0,5% ao mínimo permitido de 0,4%” dixo o voceiro Santi Davila.

 

Ante todo isto, “o bigoberno MS-PSOE votou en contra das tres peticións, demostrándolle a toda a veciñanza que priman os seus intereses como goberno e non a defensa dos salcedenses ante tal despropósito” sentenciou Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.