Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 21:53:58 horas

Xornal21.es
Jueves, 04 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Tui celebra o 8M co lema “Somos e seremos as loitadoras”

O venres preséntase o III Plan Municipal de Igualdade e o luns celébrase o acto institucional

[Img #68109]“Somos e seremos as loitadoras” é o lema co que este ano o Concello de Tui vai celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. O obxectivo é visibilizar e lembrar a algunhas das mulleres que ao longo da historia acadaron os dereitos dos que hoxe gozan, pero tamén a reivindicación que as mulleres seguen a realizar en prol da igualdade real.


O programa de actividades previsto comeza este venres, 5 de marzo, ás 12 h na casa do concello coa presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entres homes e mulleres do Concello de Tui.  Un plan que foi aprobado por unanimidade en pleno o pasado mes de decembro. A presentación, que terá lugar no salón de sesións, con aforo limitado, correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e da técnica redactora do Plan, Laura Seara, quen fóra secretaria de Estado de Igualdade.


O luns, 8 de marzo, ás 12 h, no edificio da praza da Inmaculada desenvolverase o acto institucional que, debido ao limitado do aforo, será retransmitido en directo pola canle de Youtube do Concello de Tui.  No mesmo 6 mulleres darán lectura ao manifesto “O persoal é político” reivindicativo da axenda femininista en distintos ámbitos. Amais a pedagoga Teresa Domínguez dará lectura a un poema da súa autoría para a ocasión, e as alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Dafne Piñeiro e Lourdes Quintela, porán a nota musical a este evento. O acto abrirase coa proxección do audiovisual “Únete á R-Evolución nos coidados” que rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia, e que ao tempo constitúe unha reivindicación do valor dun traballo absolutamente feminizado e invisibilizado no que urxe promover a corresponsabilidade.


Amais deste eventos está prevista a colocación de lonas reivindicativas en rexeitamento das violencias machistas nos espazos públicos deportivos, en colaboración coa concellería de Deportes.  “Aquí xogamos contra a violencia machista. O mellor resultado é cero violencia” é a mensaxe impresa, acompañada de imaxes de rostros femininos en memoria daquelas mulleres que xa non están.  


Tamén distintos carteis co lema “Somos e seremos as loitadoras” serán colocados en distintos espazos no centro urbano. O programa completarase con outras actividades ao longo do mes de marzo que serán anunciados proximamente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.