R desprega fibra de última xeración en tres polígonos de Mos
O operador galego realizou nos últimos meses un cambio de tecnoloxía na súa rede das áreas industriais de Rebullón, Avenida de Peinador e Veigañada, grazas á cal 130 empresas contarán con conexións máis rápidas, seguras e estables
Preto de 130 empresas dos polígonos de Rebullón, Avenida de Peinador e Veigadaña, no Concello de Mos, poderán beneficiarse do despregamento dunha nova tecnoloxía de fibra óptica implantada nos últimos meses por R. Este avance permite unha navegación máis rápida, de ata un Xigabit por segundo, á vez que garante unha maior estabilidade, homoxeneidade e seguridade de rede.
Con este cambio, R segue demostrando o seu esforzo incondicional por estar a carón das empresas da comunidade galega para darlles reposta ás súas demandas, sobre todo nun momento tan crucial no que o uso das redes e as esixencias por manterse operativos, en moitas ocasións a distancia -a través do teletraballo-, tense incrementado de xeito significativo.
Colaboración permanente con AEMOS
No caso concreto destas áreas mosenses, R revalida o seu compromiso coa Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), entidade coa que mantén dende hai anos unha colaboración estable para implantar e mellorar progresivamente diferentes servizos tecnolóxicos, adaptados á evolución das necesidades de emprendedores e empresas da zona.
“Grazas a este esforzo conxunto ten sido posible unha actualización de rede tan importante como a que se realizou nestas áreas”, explicou o director corporativo de Empresas de R, Isidro Fernández de la Calle, quen agradeceu a colaboración de AEMOS neste desenvolvemento e a comprensión polos inconvenientes durante o período de obras. Agora, dixo, “é o momento de aproveitar e obter os máximos rendementos destas novas prestacións que, seguro, daranlles a mellor resposta ás necesidades dos negocios”.
Para facerlles chegar ás empresas as vantaxes e posibilidades desta nova tecnoloxía, esta mañá desenvolveuse unha sesión formativa (webinar) organizada por R e AEMOS onde se detallaron as diferentes oportunidades que lles brinda este cambio tecnolóxico ao labor diario das empresas e aos seus usuarios.
Con esta iniciativa, R dálles resposta ás crecentes necesidades do tecido empresarial da zona en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), coa que mantén un contacto permanente para a mellora das infraestruturas tecnolóxicas dos seus asociados
Neste marco, o xerente de AEMOS, Francisco Domínguez, destacou a importancia da tecnoloxía no proceso empresarial onde "a dixitalización e a innovación viñeron para quedarse e xa non son unha opción, senón elementos que están transformando a nosa vida cotiá, as nosas empresas, a industria, os procesos de produción e os nosos produtos".
Co “obxectivo último de fomentar o desenvolvemento dun tecido empresarial máis competitivo, máis moderno e dinámico”, esta alianza revélase fundamental para avanzar no impulso económico de Mos e da súa bisbarra, incidiu o presidente de AEMOS, Manuel Castro, quen cualificou as infraestruturas de telecomunicacións como “factor esencial no desenvolvemento económico e social”, cuxas prestacións e capacidades acaban definindo a competitividade dun territorio.
Compromiso con Mos
Esta actividade forma parte dun intenso traballo desenvolvido por R para mellorar a cobertura dos seus servizos en Galicia, obxectivo prioritario da compañía ao que se lle ten dado un importante pulo nestes tempos de pandemia, en resposta á inxente demanda de servizos de comunicacións da sociedade galega.
O despregamento nestas áreas empresariais reforza o compromiso do operador galego co Concello e coa veciñanza de Mos, onde R despregará a súa rede para dotar de conexións ultrarrápidas a 32 núcleos de 9 parroquias. Unha actuación enmarcada no PEBA-Plan Avanza, coa que 2.200 hogares e empresas destes núcleos das parroquias de Cela, Dornelas Guizán, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso disporán de accesos ultrarrápidos a internet e, grazas ás redes de nova xeración de R, poderán desfrutar tamén doutros servizos avanzados de telecomunicacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149