Jueves, 29 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 08 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar invistiu preto de 80.000 euros na mellora das estradas de Mañufe

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou a semana pasada xunto aos deputados provinciais Santos Hector Rodríguez e Iria Lamas, as obras de acondicionamento e pavimentación executadas en dúas estradas da parroquia de Mañufe, desenvoltas no marco do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra e que implicou un investimento de 78.727 euros

O rexedor Paco Ferreira destacou a importancia da colaboración firme que desde a institución provincial existe cos concellos á hora de atender as súas necesidades e facilitar que se poidan executar obras “que reverterán en mellor calidade de vida para a nosa veciñanza e que nos permite avanzar no noso compromiso coas parroquias de atender as súas necesidades”.

 

Nesta ocasión visitaron as obras de pavimentación executadas na estrada de Levadas- Cruz, entre os núcleos rurais de Galisteo e Goldra, que supuxeron unha mellora do firme do camiño, a súa accesibilidade e funcionaliade. Un proxecto que contou cun investimento total de 48.351,89 euros.

 

Posteriormente os deputados provinciais e o alcalde trasladáronse ao núcleo rural de Cristillón para comprobar o resultado final do proxecto executado nesta barrio e que implicou a renovación e empedrado do firme nun tramo de 333 metros. Nesta actuación o orzamento investido ascendeu a algo máis de 30.375 euros.

 

Paco Ferreira subliñou a importancia do Plan Concellos e lembrou o firme compromiso do seu goberno de “seguir desenvolvendo proxectos e aproveitando todos os recursos que se lles ofrezan para avanzar na recuperación das nosas parroquias, nas que a inversión feita ata o momento ascende a preto de dous millóns de euros.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.