VIGO
O novo Centro de Saúde de Bouzas abrirá as súas portas no primeiro semestre
O secretario xeral de Sanidade, Alberto Fuentes, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, visitaron as obras de construción do edificio sanitario
O secretario xeral de Sanidade, Alberto Fuentes, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, puideron comprobar o avanzado estado de execución das obras do novo centro de saúde de Bouzas que o Goberno ten en construción na vila.
Así, constataron o bo ritmo do traballos, que permitirán ter rematada a obra neste primeiro semestre de 2021. Finalizada a estrutura, a cuberta, as carpinterías exteriores e o 75 por cento do chan, queda pendente a fachada de pedra, as particións interiores e as instalacións eléctricas. Asemade, unha vez rematada a infraestrutura, procederase á dotación de mobiliario e equipamento, polo que a previsión é que antes do verán xa poda iniciar o seu funcionamento.
O novo centro de saúde, no que o Goberno galego está a investir preto de 1.4 millóns de euros, acometeuse para atender as necesidades de medicina xeral dos veciños do barrio de Bouzas, que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia.
O obxectivo do Goberno galego con este centro, no que se están a investir 1,4 millóns de euros, é atender ás necesidades dos veciños da Vila de Bouzas que agora reciben asistencia sanitaria en López Mora, Beiramar ou Navia
Unha vez posto en funcionamento, os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade; é dicir, se lles ofrecerá trasladarse ao de Bouzas ou permanecer no que viñan tendo de referencia.
Seis consultas de medicina xeral e enfermaría
O Centro de Saúde de Bouzas está emprazado nas inmediacións da Alameda, entre as rúas Suárez Llanos e Ferreiros. Para a súa execución procúrase a máxima integración na contorna de acordo co establecido no Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) dese ámbito e mediante o mantemento e reprodución do volume e dos elementos característicos das construcións históricas que ocupaban as parcelas e que na actualidade se atopan practicamente abandonadas.
Por ese motivo, o centro de saúde consta de dous volumes construtivos, con dous plantas cada un, que suman unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería.
Estará equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6