Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 21:30:08 horas

Xornal21.es
Lunes, 08 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta de Galicia comeza as obras da nova escola infantil da Guarda

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o delegado territorial en Pontevedra, Luis López Diéguez, visitaron os traballos

A Xunta de Galicia e o Concello de A Guarda anunciaron  o inicio das obras da nova escola infantil deste municipio. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez; acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez; e do alcalde do municipio, Antonio Lomba Baz, visitou a semana pasada o comezo desta actuación coa que se mellorarán as posibilidades de conciliación das familias da zona.

 

O investimento ascende a 692.000 euros, dos cales a Administración autonómica achega 410.000 (cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder) e o Concello os 282.000 restantes. O prazo de execución é de 14 meses, polo que se prevé que o centro entre en funcionamento para o curso 2022-2023.

 

Os traballos que veñen de iniciarse consisten na rehabilitación integral da que fora vivenda dos mestres e do comedor do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde, onde se emprazará a nova escola infantil. Este novo servizo contará con 41 prazas distribuídas en tres unidades; un espazo de usos múltiples; aseos; cociña e estancias para o persoal do centro.

 

 

 

 

A Administración autonómica e o Concello invisten 692.000 euros neste novo centro, que se prevé que estea a disposición das familias o curso 2022-2023

 

 

 

 

Rede autonómica
Unha vez que as obras estean rematadas, a Xunta ocuparase da contratación e dos custes do equipamento necesario para a entrada en funcionamento da escola, que se xestionará a través da rede pública autonómica, de acordo co modelo de cofinanciamento acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

 

O xerente do Consorcio destacou a importancia desta intervención, que fará máis doado ás nais e pais da Garda e dos concellos limítrofes compaxinar as súas vidas laborais e familiares. Coa nova escola infantil a ratio de cobertura de prazas públicas e de iniciativa social de 0 a 3 anos nesta localidade pontevedresa elevarase ata o 49%, 16 puntos por riba da recomendada pola Unión Europea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.