Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 06 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación lanza o directorio de “Descúbre-as”

Carmela Silva, que amosou datos “intolerables” de discriminación das mulleres na industria musical, sinalou que “con este directorio agora ninguén vai a poder dicir que non atopa mulleres para contratar”

“Descúbre-as”, o proxecto que Regalamúsica está a levar a cabo da man da Deputación de Pontevedra “para visibilizar ás mozas e mulleres da música e rachar coas discriminacións que tamén sofren neste ámbito”, conta  cunha nova iniciativa: o primeiro directorio de mulleres da industria musical en Galicia que xa pode consultarse no sitio web www.descubreas.com. A presidenta provincial, Carmela Silva, e a coordinadora do proxecto, Olalla Dopico, presentaron “este mapa creativo que xurde da necesidade de visibilizar ás mulleres na industria musical e reivindicar o seu papel na mesma”. “Desde agora, dixo a presidenta, ninguén vai a poder dicir que non atopa mulleres para contratar”.

 

O directorio persegue varios obxectivos entre os que destacan a visibilización das profesionais e o fomento das redes colaborativas. Busca visibilizar tamén a estas mulleres para que a mocidade poida ter referentes femininos e así ser conscientes de que realmente existe unha escena feminina na música. Ademais, quérese que a cidadanía en xeral tamén coñeza o traballo destas mulleres e que non caian en estereotipos. Así, “Descúbre-as” pon á disposición de empresas, asociacións ou institucións públicas e privadas unha longa lista de mulleres que traballan na industria. Neste senso, a presidenta informou de que a Deputación de Pontevedra enviou unha carta a todos os concellos da provincia para que teñan en conta este directorio e contacten coas mulleres que participan en “Descúbre-as” para as súas programacións. Como tamén indicou a coordinadora do proxecto, Olalla Dopico,  “queremos que estean todas as mulleres da música de Galicia, tanto do ámbito artístico como de outros eidos profesionais”. Ademais, “queremos visibilizar o traballo das escolas e doutros colectivos que están relacionados coa música e tamén coas mulleres”.

 

Programación en marzo
 “Descúbre-as” intégrase na programación do 8M da Deputación e neste mes de marzo celebrará “Conversa e descubre”, un ciclo de charlas nas que profesionais e artistas contarán as súas experiencias e traballos dentro da música. As charlas arrancarán o día 20 cunha sesión na que participarán Mariña Paz (voz en Furious Monkey House); Susana Saavedra (voz en Agoraphobia), Patricia Hermida (mánager) e Raquel Seijo (promotora de Sweet Nocturna). A semana seguinte, o día 26, terá lugar un concerto e a  presentación dun vídeo colaborativo no que mozas da provincia interpretarán “Matriarcas”, de Gaudí Galego, “unha das grandes mulleres da música galega”. Con esa iniciativa a Deputación de Pontevedra está a crear unha rede entre as escolas e as mozas coa que se conseguirá formar novos grupos e mesmo chegar a facer pequenos concertos.

 

Datos intolerables
Carmela Silva puxo sobre a mesa datos sobre a situación das mulleres na música “que sacan a cor a calquera”. Exemplo disto é que “só o 37% das empresas da industria musical están lideradas por mulleres, que no caso das discografías independentes soamente un 14% contan con figuras femininas ou que as tras grandes multinacionais -Sony, Universal e Warner- non teñen mulleres na súa presidencia”. Neste senso, Silva subliñou outros datos “intolerables” como que “o 65% das mulleres traballaron na industria musical sen ningún contrato nin remuneración durante ao menos un ano, que o 35% estiveron entre un e tres anos traballando sen remuneración ou contrato, e que case o 70% das mulleres cobran menos do soldo medio dos homes”.

 

A presidenta provincial destacou tamén que moitas experimentaron actitudes sexistas e lembrou o movemento “Me Too”, co que as mulleres da cultura denunciaron os acosos sexuais os que estiveron ou están sometidas. Tamén puxo en valor o talento das mulleres dentro da industria musical aportando datos tan relevantes como que “máis do 40% das profesionais comezaron na música con formación universitaria ou formación de grao superior e con coñecemento de idiomas”, e que case un 40% cursou máster ou formación especializada”. Polo tanto, concluiu, “estamos no de sempre, as mulleres son o talento pero non acadan os postos de dirección”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.