Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 09 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos premia con 1.000 euros o concurso deTikTok pola Igualdade

As persoas interesadas en participar aínda teñen ata o vindeiro venres, 12 de marzo, para presentar as súas obras a esta iniciativa promovida con motivo 8M, Día da Muller

O concurso na rede social TikTok, permite a inscrición de obras ata o 12 de marzo. O certame convida á cidadanía para subir vídeos pola igualdade de xénero ao redor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A iniciativa enmárcase dentro do proxecto nacional “Rodando pola igualdade”, que une a máis de 50 municipios e rexións españolas, e que aumentou os seus premios xerais a 1.000, 500 e 250 euros.

 

[Img #68193]Aínda é posible a inscrición de obras no certame de TikTok “Mos pola igualdade”, que, ata o 12 de marzo, ten aberto o formulario de inscrición para rexistrar participacións. A chegada de marzo, “mes da igualdade”, fai que os preparativos para a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, arrinquen para avogar por un mundo máis xusto e sen desigualdades de xénero.

 

O certame enmárcase dentro da iniciativa nacional “Rodando pola igualdade”, á que se sumaron máis de 50 municipios ou rexións de toda a xeografía española para loitar xuntos pola igualdade de xénero. Deste xeito, o certame conta cun primeiro premio a nivel local dotado con 200 euros e un segundo premio dotado con 100 euros, pero ademais, a obra que consiga o primeiro premio, competirá co resto de obras gañadoras dos seus respectivos certames locais para dilucidar cales son os mellores traballos a nivel nacional, que recibirán tres galardoes: un primeiro premio dotado con 1.000 euros e 500 euros en formación en liña ou presencial na escola audiovisual EFTI de Madrid, un segundo premio dotado con 500 euros e un terceiro premio dotado con 250 euros.

 

Deste xeito preténdese fomentar a creación e a creatividade local e a unión cidadá, á vez que se é parte dun gran proxecto global no que se xuntan forzas para que todas e todos loitemos en favor da igualdade de xénero. Para participar no certame non é necesario dispoñer de equipos profesionais, bastará cun móbil… e unha boa historia que contar! Inscribirse é tan sinxelo como subir un vídeo á plataforma Tik Tok co hashtag #mosporlaigualdad e #rodandoporlaigualdad e encher un formulario de inscrición (onde tamén se poden consultar as bases) na web www.mos.es

 

A temática do certame é todo o que concerne á loita pola igualdade de xénero (igualdade no deporte, en oportunidades laborais, en tarefas domésticas, denuncia de relacións tóxicas, oposición ao machismo, empoderamento, detección de micromachismos, loita contra a violencia de xénero...). A duración máxima dos vídeos será de 60 segundos, e pódense utilizar todas as posibilidades creativas que proporciona a propia rede social TikTok. Para poder ser parte do certame será necesario que a persoa participante estude, traballe, sexa natural ou residente no municipio de Mos.

 

O obxecto da convocatoria é o estímulo da capacidade creativa da cidadanía da localidade á vez que se potencia a reflexión e a concienciación pola igualdade de xénero; e elixiuse a plataforma Tik Tok pola súa alta penetración nos estratos máis novos da sociedade e pola facilidade de creación audiovisual que proporciona.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.