Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 16 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A feira Abanca Semana Verde traslada as súas datas 3 ao 5 de setembro deste ano

ESTABA PREVISTA DO 3 AO 6 DE XUÑO, PERO DE FORMA XERALIZADA OS EXPOSITORES DO CERTAME CONSIDERAN QUE, DADA A SITUACIÓN ACTUAL RESPECTO AO COVID-19, O SEU APRAZAMENTO PERMITIRÍA QUE SE PUIDESE DESENVOLVER CON MAIOR PARTICIPACIÓN E GARANTÍAS

A 43ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos manteñen a súa celebración neste ano 2021, aínda que se trasladan das súas datas habituais para levarse a cabo do 3 ao 5 de setembro.

 

Nos últimos meses a Fundación Semana Verde de Galicia estivo traballando intensamente nesta convocatoria, podendo constatar un gran respaldo por parte dos expositores, que foron transmitindo á organización o seu interese en participar, aínda que sempre vinculado a que a evolución da situación sanitaria o permitise.

 

Así, tendo en conta a situación actual, os expositores consideran de forma xeneralizada que a data na que estaba  previso celebrar o certame, do 3 ao 6 de xuño, estaría demasiado próxima para realizar un evento coas características desta feira multisectorial con gran asistencia de expositores e público. E entenden que o traslado a setembro é a mellor decisión posible, xa que podería permitir que o certame se desenvolvese cunhas maiores garantías, tanto no número de empresas e entidades participantes como na confianza do público visitante.

 

Neste sentido, os expositores expresaron maioritariamente á Fundación a súa intención de participar en setembro e aproban a proposta de que o evento conte cunha duración de tres días en lugar de catro, dado que será unha edición especial, con características axustadas á situación actual.

 

Unha feira exitosa e segura

O equipo da Fundación implicado na organización da 43ª Abanca Semana Verde de Galicia xa está a traballar no deseño e planificación do evento, adaptando o seu formato e as súas actividades, para priorizar ante todo a satisfacción e a seguridade de todos os expositores e asistentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.