Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 22:02:23 horas

Xornal21.es
Lunes, 15 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello crea os premios “Cidade de Tui”

Terán carácter anual e contarán con dúas categorías, unha individual e outra colectiva

A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui acordou a creación dos Premios “Cidade de Tui” para recoñecer anualmente aquelas persoas e entidades do noso concello que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local ou teñen contribuído coa súa traxectoria á promoción de Tui, asi como a súa convocatoria para este ano 2021.

 

A creación deste galardón foi unha proposta formulado polo alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, que sinala que “o acervo que singulariza á nosa localidade, foi construído ao longo do tempo por tantos e tantas tudenses que, identificados coa súa cidade, entregaron a súa cidade o mellor da súa actividade, das súa habelencias, do seu tempo.... Todas estas achegas teñen sido imprescindibles para acadar esta cidade que nos acolle e no da orgullo a todos.  O Concello de Tui ten a responsabilidade de animar e incentivar a continuidade desta achega colectiva que a sociedade tudense realiza cada día que enriquece ao noso municipio e á súa historia.

 

Neste liña dende o Concello de Tui cómpre recoñecer o labor relevante que realizan tanto persoas como colectivos e que coa súa achega promoven o desenvolvemento da nosa cidade e os seus cidadáns, realizan aportacións relevantes á vida colectiva, impulsan a vida colectiva, enriquecen coa súa creatividade e iniciativa a realidade local e  reflicten a vitalidade da sociedade tudense, dando visibilidade ás múltiples iniciativas que existen no tecido humano e colectivo de Tui”.

 

Con este obxectivo acordouse a creación destes “Premios Cidade de Tui”  con dúas modalidades:
Modalidade individual para premiar a unha persoa física que estea vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Tui e os seus cidadáns. Se premiará ben a súa achega no ano precedente ou ben unha dilatada traxectoria en calquera ámbito.

 

Modalidade colectiva para premiar a unha persoa xurídica (asociación, entidade ou colectivo de carácter cultural, social, empresarial, etc.) que teña desenvolto un labor de especial proxección para Tui e os seus cidadáns. Se premiará ben a súa achega no ano precedente ou ben unha dilatada traxectoria en calquera ámbito.

 

Os premios son de carácter honorífico e serán entregados nunha gala a celebrar coincidindo coas festas patronais na honra de San Telmo. A elección dos galardoados será realizada por un amplo xurado que, designado pola Xunta de Goberno Local, recolle a persoas vinculadas coa vida social tudense que terán a encomenda de designar aos galardoados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.