PROVINCIA
A 2ª edición da Escola de Letras da Deputación e Galaxia volve de xeito telématico
A escritora Inma López Silva impartirá en formato virtual as primeiras sesións do seu obradoiro literario en Vigo e Pontevedra, á espera de que a partir de abril as clases se poidan desenvolver xa de xeito presencial
A segunda edición da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia botará a andar o vindeiro luns, 15 de marzo, e o fará de xeito telemático debido á situación sanitaria. Deste xeito, as dúas primeiras sesións dos dous primeiros cursos previstos, que impartirá a escritora Inma López Silva e que se ían desenvolver de xeito presencial nas sedes da institución en Vigo e Pontevedra, celebraranse a través da ferramenta Google Meet.
A actividade formativa impartirase en horario de 18 a 20 horas. O luns 15 comezará o obradoiro previsto en Vigo, que continuará o día 22 deste mes de marzo de xeito telemático e, posteriormente, prevese que, de mellorar a situación, se celebre de xeito presencial os días 12, 19 e 26 de abril e os días 3, 10 e 24 de maio. No caso do Obradoiro Literario en Pontevedra, que impartirá tamén López Silva serán telemáticas as sesións do 17 e o 24 de marzo e espérase que sexa presencial as dos días 14, 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio.
Inma López Silva (Santiago, 1978) é unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela de debut, “Neve en abril”, que recupera o drama da Guerra Civil, gañou o Premio Rúa Nova convocado pola Biblioteca Nova 33 de Santiago en 1996 e sorprendeu pola súa madurez a lectores e crítica. A obra foi editada no 2005 por Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades. Outros traballos publicados pola autora son “Rosas, corvos e cancións”, “Concubinas” (co que obtivo o Premio Xerais 2002) ou “New York, New York” (2007), diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido ao castelán.
![[Img #68249]](https://xornal21.com/upload/images/03_2021/1418_ol-con-inmalopezvigo-iiedicion.jpg)
Coa novela "Memoria de cidades sen luz", publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008. En 2016 recibiu o Premio Insua dos Poetas como recoñecemento aos seus 20 anos de carreira literaria. Amais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. No pasado ano 2020 publicou a obra “O libro da filla”.
Calendario
Despois destes primeiros cursos, as actividades da Escola continuarán no mes de xuño, Co Obradoiro de Poesía que impartirá o escritor Antonio García Teijeiro en Pontevedra, en dúas sesións que terán lugar os días 2 e 9. Doutra banda, Anna Figueiredo, unha das docentes que se incorpora este ano á Escola, impartirá o obradoiro literario “Escribir unha novela” en oito sesións en Vigo entre os meses de setembro e novembro. Así, desenvolverase os días 15, 22 e 29 de setembro; 6, 13, 20 e 27 de outubro e rematará o 3 de novembro.
Pontevedra acollerá as dúas últimas actividades da Escola de Letras deste ano. Trátase do Obradoiro Literario que ofrecerá Diego Giráldez en cinco sesións os días 6, 13, 20 e 27 de outubro e 3 de novembro; e do Obradoiro de Poesía a cargo de Elvira Ribeiro, outra das docentes que se sumaron á Escola, que terá lugar os días 2 e 9 de decembro. Todos os cursos teñen o mesmo horario, de 18 a 20 horas, e aínda que as prazas están completas, segue aberta a inscrición cunha lista de agarda, para o caso en que se produzan baixas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11