VIGO
O Concello achega 650.000 euros para financiar a actividade do MARCO no 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a transferencia de financiamento do goberno municipal á Fundación Marco que supón o 72% do seu orzamento para 2021. Tamén deu luz verde á achega de 125.000 euros para da Fundación Vigo en Deporte e 70.000 euros para programas de Benestar
O alcalde destaca a importancia da achega municipal para o desenvolvemento da actividade do Museo de Arte contemporánea de Vigo que con 650.000 euros é “financiado practicamente na súa totalidade” polo Concello, un 72% do seu orzamento para 2021, fronte á asignación da Xunta de Galicia que supón “a sétima parte”, situándose nun “escaso 10%” segundo apuntou Caballero.
Ademais, este ano o MARCO conta co apoio da Deputación de Pontevedra que achega 50.000 euros para diferentes programas ou para a edición de catálogos do museo.
Benestar Social e deporte
A Xunta de Goberno aprobou tamén as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades da área dos Servizos Sociais cun importe de 70.000 euros. As entidades poderán concorrer ao programa de axudas para realizar accións na cidade durante este 2021 destinadas a familia e infancia, persoas maiores e con discapacidade, persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas, persoas marxinadas sen fogar ou persoas con problemas de adiccións.
Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou a transferencia de financiamento a favor da Fundación Vigo en Deporte pola dinamización do programa de promoción do deporte no ano 2021 cun importe de125.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49