Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 18 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O PP pide máis persoal de bombeiros en Ponteareas

Os populares visitaron as instalacións para confirmar que o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse a dotarlles cun novo vehículo

O Grupo Municipal do PP visitou as instalacións municipais de Bombeiros en Ponteareas para trasladarlles o compromiso firme da Vicepresidencia da Xunta, presidida por Alfonso Rueda, de dotar ao corpo cun novo vehículo homologado e adaptado para a extinción dos incendios na Comarca do Condado.

 

Desde a Xunta cada ano colaboran co noso Concello cun convenio de máis de 150.000 euros na prevención e defensa contra incendios dos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais), e agora darán un paso máis no seu compromiso con este servizo.

 

“Tras darlles esta boa noticia, estivemos visitando as instalacións e coñecendo outro tipo de necesidades. Sen dúbida, do que máis se queixan é da falta de persoal, que dificilmente cobre os servizos, e que depende da vontade do goberno municipal. Por iso imos solicitar, unha vez máis, mediante moción ao pleno, a convocatoria urxente das prazas de Bombeiros que hai pendentes doutros anos, por parte do Goberno local”, explica Belén Villar, portavoz do PP en Ponteareas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.