GALICIA
A Xunta apoia a marca Mar de Santiago na súa aposta por un turismo sostible
O obxectivo é crear un selo de calidade turística que promova os atractivos da ría de Arousa e do río Ulla cunha oferta diferenciada e segura
A Xunta aposta por un turismo sostible e de calidade vencellado ao Camiño de Santiago e ao Xacobeo e, nese contexto, apoia a creación e promoción da marca Mar de Santiago e o seu desenvolvemento por parte dos concellos de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga.
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, firmou onte cos alcaldes destes catro concellos un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto Mar de Santiago. A finalidade é elaborar un plan de activación turística e márketing dixital e a creación dun selo de calidade que se identifique co itinerario vencellado á chegada dos restos do apóstolo a Galicia; é dicir, coa Ruta do Mar de Arousa e do Río Ulla.
A Xunta, a través da Axencia Turismo de Galicia, destinará algo máis de 120.000 euros a este proxecto, que se enmarca dentro dos obxectivos do Plan estratéxico Turismo de Galicia e que aposta polo turismo de calidade e sostible, pola oferta diferenciada e pola fortaleza de Galicia como destino seguro e da marca Mar de Santiago como modelo de turismo tranquilo.
Alfonso Rueda firmou un convenio cos alcaldes de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga para elaborar un plan de activación turística e márketing dixital
O Plan de activación turística e márketing dixital busca, ademais da consolidación da marca Mar de Santiago, o desenvolvemento de estratexias de produto que distingan o Camiño de Santiago, a oferta gastronómica, a paisaxe, o turismo rural ou o relixioso, ademais de elaborar un documento para afianzar a marca como destino competitivo con gran valor estratéxico na economía galega.
Alfonso Rueda amosouse convencido de que o plan permitirá coñecer mellor un itinerario “con moito potencial e que ten moito que aportar”. O vicepresidente primeiro mostrouse optimista respecto ás previsións turísticas para o segundo semestre do Ano Santo 2021 e para todo o 2022, convencido de que “moitos peregrinos van vir coñecer as marabillas desta zona”.
A Xunta confía no Xacobeo como motor da recuperación económica de Galicia e na promoción dun modelo turístico de natureza, gastronomía e paisaxe acorde cos obxectivos que pretende o proxecto Mar de Santiago para atraer un perfil de visitante convencido pola oferta diferenciada que ofrece Galicia como destino seguro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11