Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 21 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Empezan as obras de saneamento en Lodeiro, Martín, Poza e Cerdeiral

O Concello de Salvaterra de Miño ven de iniciar as obras de Saneamento no Barrio de Lodeiro(Salvaterra), Martín(Fornelos) e nos Barrios de Poza e Cerdeiral ( Cabreira), que se están a executar a través do Plan Concellos 2020.

 

As actuacións consisten en limpeza, corte e demolición de firme, complemento da rede de servicios existentes mediante a execución da rede de saneamento na zona e a reposición das gabias. As tres actuacións executadas en Salvaterra, Fornelos e Cabreira teñen como fin último dotar de saneamento as vivendas que non teñen este servizo, co fin de que poidan conducir as augas residuais ao colector xeral, para o seu posterior tratamento. As obras consisten na canalización de tuberías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as actuación complementarias como excavacións, pozos e reposicións.

 

En total estímase executar 627 metros de tubería de PVC de 250 mm de diámetro nominal. Os tramos a executar desembocarán en colectores existentes, polo que as vivendas poderán conectar á rede de saneamento actual unha vez rematada a obra.

 

O custe total destas obras ascende á cantidade de 60.532,12€, que o Concello financiará a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de continuar dotando dunha rede de saneamento aos seus veciños e veciñas.



O Concello de Salvaterra está a executar varias obras de saneamento neste momentos, e neste ano presentará novos proxectos, que buscan ir dotando ao municipio dunha rede que de resposta as demandas veciñais. Ademáis, hasta que non se logre cubrir toda a demanda existente, dende o Concello púxose en funcionamento o servizo de vaciado de fosas sépticas, co fin de dar unha resposta aos núcleos e vivendas que nestes momentos carecen deste servizo. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.