Jueves, 29 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 21 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar cede tres vehículos á caravana da Asociación Solidariedade Galega co pobo Saharahui

O goberno local mantén así a colaboración que desde hai anos sostén coa Asociación coa que anualmente asinan un convenio de colaboración con dotación orzamentaria para atender as necesidades dos menores na zona aos que ademais enviarán roupa, máscaras e material escolar e informático

A caravana solidaria ponse en marcha ante a suspensión do programa “Vacacións en Paz” como consecuencia da pandemia e o peche de fronteiras que xerou a aparición da COVID19 algo que “non nos pode deixar de brazos cruzados nin a voluntarios nin á sociedade”, manifestou a presidenta da Asociación Mayte Isla Avión, quen agradeceu “a constante resposta positiva e implicación que recibimos por parte do goberno de Gondomar, e o seu alcalde Paco Ferreira, cando pedimos a súa colaboración”.

 

A representante da delegación en Galicia da Asociación estivo acompañada no acto polo rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, o delegado saharauí en Galicia, Mohamed Zerga, a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro e o concelleiro de Medioambiente e Voluntariado, Brais Misa, así como outros representantes de SOGAPS.

 

O alcalde Paco Ferreira explicou que “desde un principio tivemos clara nosa participación na caravana solidaria que estaban a preparar e a nosa contribución nela.” Así, Gondomar cede tres vehículos: un camión recolector vertedoiro cunha capacidade de 22 metros cúbicos; un camión recolector de caixa aberta con guindastre; e, unha furgoneta Citroën 15.

 

Todos eles partirán na caravana que o domingo se pon en marcha cara a Alacante desde cuxo porto serán trasladados ata os campos de refuxiados de Tinduf.

 

Gondomar suma aos vehículos catro palés con roupa, calzado, mantas, material informático e escolar, así como unha dotación de máscaras cirúrxicas, concretamente un total de 32.000 unidades. Entre as pezas que se farán chegar ao Sahara roupa deportiva como suadoiros, camisetas, polos ou pantalóns de chándal, aos que se suman chaquetas, panos, gorras e calzado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.