NIGRÁN
Fernández-Tapias e Prado Surf Escola presentan “O Teu Camiño”
A delegada territorial destaca o éxito do programa autonómico, que na súa segunda edición permitirá dinamizar a programación sociocultural do Xacobeo con 220 propostas por un importe de case 3,3 millóns de euros
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse recentemente ata o Concello de Nigrán para presentar “O Teu Camiño” a proposta de Prado Surf Escola no marco da primeira edición do programa “O Teu Xacobeo” que o Goberno galego puxo en marcha no 2019.
Unha iniciativa destinada aos escolares de Galicia que da man de Prado Surf Escola, tal e como explicou a súa directora Lorena Vilán consiste na realización de varias etapas do Camiño de Santiago, apoiadas nun concurso fotográfico; a participación en charlas de concienciación medioambiental e actividades relacionadas, como a recollida de residuos nas praias, e un bautismo de surf. En total 10 xornadas, en horario de 9.00 a 16.00 horas, que comenzarán a partir do 1 de maio, en caso de que a situación sanitaria así o permita, e que se estenderán ata finais de xullo. Conta cun apoio económico da Xunta de Galicia de 17.431,96 euros.
Tras recordar que no marco da primeira convocatoria de “O Teu Xacobeo” están a levarse a cabo proxectos nuns 140 concellos da Comunidade, Fernández-Tapias exemplificou nas preto de 1.000 solicitudes rexistradas na nova edición o éxito deste programa autonómico. Así, a delegada sinalou que esta segunda edición permitirá desenvolver un total de 220 propostas orientadas a dinamizar a programación sociocultural deste Ano Santo que se estenderá ata o 2022, destinando un investimento de case 3,3 millóns de euros.
Unha actuación coa que a Xunta de Galicia, dixo, busca a implicación e a participación de toda a cidadanía na programación deste Xacobeo, co obxectivo de que “sexan eles mesmos os que conten as súas historias e experiencias nos distintos roteiros do Camiño de Santiago”.
Segundo informou, os beneficiarios desta última convocatoria están xa a desenvolver os seus proxectos para o que contan de prazo ata o próximo mes de setembro, tras a concesión dun aprazamento por culpa da covid-19 co obxectivo de que poidan dispoñer de máis tempo para levar adiante os proxectos propostos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149