Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 25 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Tameiga presenta o Comité Consultivo do Polígono de “Monte Faquiña”

O Concello de Mos xa declinou participar no comité "sen funcións"

O Comité Consultivo do Polígono de “Monte Faquiña” ten por obxecto mellorar o diálogo entre tódalas partes implicadas na xestión do polígono industrial de Faquiña e configúrase como unha iniciativa posta en marcha pola Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga para fomentar e estabrecer cauces para un intercambio regular de impresións entre veciños, Concello, Deputación, Comunidade de Montes e empresarios, coa intención última de que eses intercambios de impresións se traduzan en propostas relativas ó funcionamento e/ou xestión do polígono industrial que, como tais, serán sometidas á consideración da Asemblea Xeral da CMVMC de Tameiga.

 

O Comité Consultivo do Polígono de Monte Faquiña está integrado polo Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, por dúas persoas representantes das empresas que teñan a súa sede e/ou delegación comercial no polígono industrial de Faquiña, por unha persoa en representación do Concello de Mos, por unha persoa en representación da Deputación de Pontevedra, por dúas persoas representantes dos veciños das parroquias na que se atopa o polígono industrial de Faquiña e por dous comuneiros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga.

 

As atribucións do Comité Consultivo son opinar e formular recomendacións en torno ao funcionamento e xestión do polígono industrial de Monte Faquiña. Propoñer e opinar sobre o deseño e execución de políticas, programas e actividades do polígono industrial de Monte Faquiña. Analizar o funcionamento do polígono industrial de Monte Faquiña e formular propostas para a súa mellora. Recomendar criterios e normas para lograr o equilibrio e satisfacción dos intereses de tódalas partes que participan no polígono industrial de Monte Faquiña. Formular á Asemblea Xeral da Comunidade de Montes de Tameiga as propostas que estimen convinte sobre calquera cuestión que afecte ó funcionamento do polígono industrial de Monte Faquiña ou ós intereses das partes implicadas no mesmo. E estudiar e analizar as axudas para parques empresariais que se aproben polos organismos competentes e debatir a conveniencia de solicitala súa concesión para o polígono industrial de Monte Faquiña.

 

O Concello de Mos declina participar

O Concello de Mos tivo coñecemento o martes 16 de marzo, a través da Asociación de Empresarios de Mos, da intención da Comunidade de Montes de Tameiga de convocar á constitución dun Comité Consultivo para o Polígono de Monte Faquiña que se celebrará hoxe, xoves 18 de marzo, ás 12.00 horas no local social de As Pedriñas.


Desde o Concello de Mos, a alcaldesa, Nidia Arévalo, quere deixar claros varios puntos respecto a esta iniciativa que “evidencia unha manobra de intencionalidade dubidosa e, cando menos, de pretensión dun lavado de cara ante a intención de suba desproporcionada do canon en máis dun 1000% ás empresas do polígono por parte da Comunidade, causando un efecto de fuga a novos emprazamentos e destrucción de máis de 700 postos de traballo”:

 

En primeiro lugar, sinalan dende o Concello que "a Comunidade de Montes de Tameiga invéntase un novo organismo ao seu antollo e ao seu gusto no que pretende introducir a administracións públicas como Concello e Deputación cando, sendo a Comunidade e os empresarios afectados ambos entes privados, o único que procedería sería unha mesa de negociación entre ambos para solventar a problemática. O papel das administracións sería únicamente mediador".

 

En segundo lugar indican que "os integrantes deste novo organismo son designados unilateralmente e a dedo pola Comunidade de Montes de Tameiga".

 

E por último sinalan que "este Comité Consultivo é un mero paripé, pois no seu regulamento (que inclúe composición e estatutos), que xa teñen aprobado antes da sesión constitutiva do organismo, establécese que: non ten capacidade xurídica, non ten facultade de xestión, administración nin funcións executivas de ningún tipo.e que as súas propostas e recomendacións carecerán de carácter vinculante”.

 

Pero iso sí, este regulamento establece tamén que “a Comunidade de Montes de Tameiga poderá modificar o presente regulamento en calquera momento, do que se informará puntualmente ao Consello Consultivo”, cláusula que "demostra novamente cal é o modus operandi desta Comunidade" segundo aseguran dende o Concello de Mos.


É por elo que desde o Concello de Mos, tras recibir a convocatoria para esta asamblea que, unha vez máis, apunta a unha clara estratexia política, notificouse a non asistencia á mesma por parte da administración local mosense tendo en conta a regulación da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e de Réxime Xurídico do Sector Público, así como o réxime competencial, reguladores das bases de réxime local, que establecen que o Concello non ostenta potestades para ter representación en dito órgano.


A rexedora local fai tamén fincapé na composición deste novo órgano cuxo presidente será o mesmo que o da Comunidade de Montes, Antonio Cajide. E contará coa figura de secretario, designado tamén pola Comunidade de Montes de Tameiga. Ademais haberá dous comuneiros elixidos pola Xunta Reitora da Comunidade, dous veciños da parroquia, dous representantes de empresas do polígono de Monte Faquiña (en clara minoría representativa), un representante da Deputación de Pontevedra (algo incomprensible xa que se non procede a presenza do Concello moito menos a da Deputación), e os restantes integrantes serán os que libremente designen os distintos colectivos a quen representan. O que quere dicir que a composición deste Comité faise a conveniencia e a dedo pola Comunidade de Montes de Tameiga.


“En definitiva”, argumenta Arévalo, “o que deberían facer os señores da Comunidade de Montes de Tameiga é deixarse de paripés e sentarse a falar coas empresas para lograr que permanezcan en Mos e conservar os 700 postos de traballo que están en xogo”. E insiste en que “a Comunidade de Montes de Tameiga debe lembrar que as comunidades de montes deberían protexer e traballar polos intereses da veciñanza, algo que non demostran pretendendo un incremento de máis do 1000% do canon ás empresas o que produciría a marcha da maioría delas”. Neste sentido a alcaldesa puxo o exemplo doutras Comunidades de Montes, como Torroso e Dornelas, que lles manteñen o canon ás empresas asentadas nos seus terreos en aras de manter o tecido económico e industrial municipal, así como preservar os postos de traballo. En definitiva, velar polo ben común de Mos.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.