Unha gran promesa do karting en Mos
Mos aplaude ao Subcampión Galego de Karting 2020
A primeira vez que se presentou á competición autonómica, con 4 anos, quedou Campión Galego
Esta tarde celebrouse nos exteriores do Multiusos das Pozas a recepción ao piloto de karting, Manuel Sío Pazó, cativo mosense da parroquia de Guizán, que chegou ao acto na súa honra perfectamente equipado coa indumentaria e material de protección de piloto e acompañado do seu inseparable recén estreado kart e os dous últimos trofeos, acadados a finais do pasado ano 2020.
Por suposto Manuel Sío contou tamén co apoio e a compaña da súa familia, da súa irmá Sabela e dos seus pais Noelia Pazó e Manuel Sío. Na recepción estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde do Concello de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, Turismo, Política Social e de Igualdade, demais membros do goberno local e da Corporación Municipal mosense.
![[Img #68469]](https://xornal21.com/upload/images/03_2021/1166_subcampion-galego-de-karting-2020.jpg)
Manuel Sío Pazó, de 7 anos de idade, é Campión Galego Benjamín Karting 2018, Subcampión do Campionato Karting Series Galicia 2018 e 2019, Subcampión Galego Karting 2020 e 3º Clasificado do Campionato de Castela e León 2020.
Empezou a conducir un kart con 3 anos e con tres anos e medio quedou terceiro clasificado na súa primeira competición que disputou en Ponferrada.
A súa nai, Noelia, conta con orgullo a breve pero intensa historia deportiva do seu pequeno: “sempre lle gustaron moito os coches como ao seu pai e ao ver a gran afición que tiña, entre toda a familia, pais, avós e bisavós regalámoslle o seu primeiro kart de gasolina con 3 anos. Onde llo compramos suxeríronnos un circuito en Monforte onde realizou as súas primeiras probas e adestramentos, e con 3 anos e medio chegou a súa primeira carreira en Ponferrada, onde xa quedou terceiro clasificado. Desde entón xa continuou adestrando no ciucuíto de Porriño e con 4 anos comezou a competir no Campionato Galego, quedando Campión Galego da Categoría Benxamín a primeira vez que se presentou”, explica.
Manuel non pertence a ningún equipo polo que a súa familia asume tódolos gastos derivados da práctica e competición neste peculiar deporte para un neno tan pequeno, polo que lles están moi agradecidos á Clínica Dental Doctor Ronald de Vigo e ao Grupo DST por empezar a patrocinalo o ano pasado.
Ante as próximas competicións para este 2021, que serán o Campionato Galego e o de Castela e León, Manuel e a súa familia son optimistas e teñen boas expectativas. Aínda que cambia de categoría pola idade pasando de Benxamín a Alevín, o que implica tamén correr cun novo coche, máis grande e con maior potencia.
Manuel vive o seu deporte e os seus éxitos deportivos con moita normalidade e considera amigos aos seus rivais na pista. A súa nai asegura que é pouco competitivo e ante a pregunta de se non ten medo coa práctica deste deporte comenta que “ao principio dábame máis medo porque era moi pequeno, pero agora ao comprobar o ben que conduce estou máis confiada, ademáis de que vai moi ben preparado, equipado e protexido”, asegura.
Cos Sío Pazó cúmprese o dito de que a familia que fai deporte unida permanece unida, porque o pai de Manuel, de nome Manuel tamén, é o mecánico do pequeno piloto, encárgase da mecánica do seu kart de competición.
Familia consideran eles tamén á que fan no circuito, comenta Noelia, cos familiares, pais e nais, dos demais pilotos. “É un deporte peculiar para cativos pero ao ser un mundo tan diferente representa unha experiencia moi enriquecedora para eles”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149