TUI
Nos próximos días comezará o acondicionamento dunha ruta peonil eciclista na Veiga do Louro
Suporá un investimento de 117 mil euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación
Nos próximos días darán comezo as obras de acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista na rúa Loureiro na Veiga do Louro. O Concello de Tui adxudicou as obras por importe de 117.276,09 €, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación.
A actuación proxectada abranguerá case 1,5 quilómetros da rúa Loureiro dende a intersección coa Ponte Romana até a rotonda situada na PO-404. Sitúase nunha zona moi transitada e que da acceso tanto a senda Tui-Caldelas coma á praia de Areeiros en Guillarei.
O proxecto a executar consiste no acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista no marxe esquerdo da rúa Loureiro co obxectivo de acondicionar e mellorar a ruta existente. Por unha banda contémplase a substitución do actual bordillo de separación entre a calzada e a zona peonil e ciclista por un elemento continúo e sen aristas vivas. Deste xeito mellorarase a seguridade xa que o actual sistema supón certo risco para os usuarios ao presentar aristas vivas e separación entre pezas.
Por outra parte co obxectivo de mellorar a seguridade vial os pasos de peóns existentes serán substituídos por outros elevados e con iluminación intelixente para facilitar a súa percepción polos vehículos. Amais crearase un novo que facilitará o tránsito cara á praia de Areeiros. Tamén serán colocados redutores de velocidade.
A actuación a realizar contempla a creación de zonas de descanso e sombra. Para iso incrementarase o número e superficie dos alcorques onde ser plantará hedra para aportar sombra. Crearase un banco de formigón corrido con superficie de ladrillo cerámico de cor vermello. A zona delimitarase cunha pérgola metálica con iluminación led empotrada nos perfís superiores, para lograr así a iluminación indirecta do lugar.
Ao longo da ruta colocaranse elementos singulares que crearán zonas de sombra e descanso para os usuarios. Para mellorar a seguridade vial substituiranse os actuais pasos de peóns por outros elevados e intelixentes que favorecerán a percepción dos mesmos dende a rede viaria. Crearase amais un novo paso de peóns que favoreza o tránsito cara á praia de Areeiros. Tamén co obxectivo incrementar a seguridade vial serán colocados redutores de velocidade.
Outra das actuacións previstas é o incremento da superficie dos alcorques situados nos extremos das zonas de descanso, onde amais se plantará hedra para aportar sombra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149