• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Sábado, 17 de Octubre de 2026

Actualizada Sábado, 17 de Octubre de 2026 a las 17:15:25 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • La Deputación licita obras en la EP-2405

      La Deputación licita obras en la EP-2405

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • 790.000 euros para humanizar San Roque de Leirado

      790.000 euros para humanizar San Roque de Leirado

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tui completa el Paseo da Corredoira con 550.000 euros de la Deputación

      Tui completa el Paseo da Corredoira con 550.000 euros de la Deputación

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • La Xunta invertirá 800.000 euros en la PO-552 entre Nigrán y Baiona

      La Xunta invertirá 800.000 euros en la PO-552 entre Nigrán y Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

      Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Redacción / Xornal21.es
Martes, 30 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
Vigo

UVigo e Zona Franca solicitan fondos Next Generation para unha fábrica de circuítos fotónicos e un laboratorio de I+D

O mercado da fotónica integrada mundial superou o ano pasado os 4000 millóns de euros, prevéndose unha taxa de crecemento deste sector de entre o 20 e o 26%. Unhas 290.000 persoas traballan en Europa no sector da fotónica, moitas delas nas máis de 5000 pemes dun sector, cuxas industrias relacionadas representan do 20 ao 30% da economía da UE. Co obxectivo de instalar en Vigo unha fábrica de circuítos fotónicos e un laboratorio de investigación e innovación para tecnoloxías fotónicas en aplicacións de alto valor engadido, Universidade de Vigo e Zona Franca acaban de presentar, a través do Goberno central, aos fondos europeos de recuperación Next Generation unha manifestación de interese (MDI) cun orzamento de 50,4 millóns de euros e un prazo de tres anos para estar en funcionamento.

 

O docente e investigador do grupo COM do centro atlanTTIC da UVigo Francisco Javier Díaz e o delegado do Estado en Zona Franca, David Regades foron os encargados de dar a coñecer os detalles da MDI, nun acto no que tamén participaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Regades destacou que “a fábrica e laboratorio de circuítos fotónicos permitirá establecer unha instalación de nanofabricación e investigación líder en Europa, única no seu tipo na Península e no sur de Europa, de circuítos integrados fotónicos”, mentres que Francisco Díaz incidiu en que “a fotónica é unha tecnoloxía clave para a UE, pero polo momento só hai dúas fábricas en Europa de chips, cuxa fabricación foise cara Asia”. Pola súa banda, o alcalde de Vigo destacou que “o máis importante é poñernos na vangarda tecnolóxica deste planeta”, ao tempo que comprometeu todo o apoio que o proxecto precise. E a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou o seu convencemento de que o Goberno de España respaldará a idea, “que será un proxecto único en España e no sur de Europa”, dixo.

 

Na MDI presentada aos fondos europeos ponse de manifesto que a fotónica revolucionará múltiples sectores, desde a industria do vehículo autónomo á atención médica, pasando pola electrónica, tecnoloxías da comunicación ou eficiencia enerxética, ao permitir reunir múltiples funcións ópticas nun só chip, o denominado circuíto integrado fotónico.

 

 

150 postos de traballo directos e 700 indirectos

A posta en funcionamento da iniciativa impulsada pola UVigo e Zona Franca xeraría 150 postos de traballo directos de elevado valor técnico e 700 indirectos no sistema nacional de I+D, provedores, startups e pemes. O proxecto está integrado, dunha banda, por unha sala limpa de 1000 metros cadrados para a fabricación dos circuítos integrados fotónicos baseados en fosfuro de indio (InP), e doutra, por un centro de investigación e innovación para tecnoloxías fotónicas en aplicacións de alto valor engadido. 36 meses é o prazo de execución fixado para o proxecto, que arrancaría o primeiro ano coa construción do espazo da sala limpa de fabricación e o equipamento para o laboratorio e coa contratación de persoal técnico cualificado da sala limpa. O segundo ano, iniciaríanse os primeiros deseños de dispositivos para testeo e a seguir, a primeira fabricación dos dispositivos.

 

Zona Franca e UVigo inciden en que ademais de establecer en Vigo un centro punteiro en Europa, proxecto terá efecto tractor sobre sectores tecnolóxicos e estratéxicos nacionais, con creación de empregos de altísima cualificación e creación de starups, ao tempo que permitirá desenvolver produtos e servizos novos cun elevado contido de investigación, con aplicacións para a economía e a sociedade, ademais de ter un impacto económico directo en segmentos do mercado, que van desde as telecomunicacións, ata as novidosas aplicacións de realidade virtual e aumentada, tecnoloxías cuánticas para aplicacións de comunicacións, seguridade 5G e intelixencia artificial.

 

Segundo as previsións do promotores, en cinco anos a fábrica absorbería ata un 10% do mercado de fabricación e un 20% do mercado de dispositivos, ademais dos efectos asociados sobre a creación de patentes e propiedade intelectual. “Un fito para Vigo e para Galicia, que nos sitúa no mapa europeo da alta tecnoloxía en semicondutores e que para España suporía a creación dun novo ecosistema nacional e con capacidade de impacto transversal en distintos sectores da economía”, aseguran os impulsores da iniciativa que confirma que, unha vez identificado como proxecto tractor, daríase entrada a un industrial especializado para liderar o proxecto.

 

 

Ampla experiencia da UVigo no campo da fotónica integrada

Hai pouco máis dun ano a UVigo convertíase na sexta universidade española en dispor dun laboratorio para medidas de circuítos integrados fotónicos, que se localiza na EE de Telecomunicación. Son 50 metros cadrados que albergan equipos de medida en lonxitudes de onda ópticas (1,3-1,5 micras), tanto para circuítos formados por compoñente discretas, como para medidas de circuítos integrados fotónicos (PICs), cunha estación manual de puntas para caracterización e testeo. Unha instalación que sitúa á UVigo na vangarda das universidades españolas no campo da fotónica integrada, no que tamén, e durante dous anos a institución académica acadou un millón de euros de financiamento do programa H2020 para, ao abeiro do proxecto DRIVE-In, a formación de investigadores neste campo, co obxectivo de aplicar esta tecnoloxía ao automóbil autónomo.  
 

Noticia anterior:
Una marca viguesa simula la ventilación de locales para garantizar la seguridad frente al COVID19
Noticia siguiente:
O BNG propón a Paulino Campos e ao CVC de Valadares como Vigueses Distinguidos
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Actualidad

La mitad de los jóvenes consulta a la IA antes de comprar

La mitad de los jóvenes consulta a la IA antes de comprar

El 67% del talento sénior español quiere jubilarse antes de tiempo

El 67% del talento sénior español quiere jubilarse antes de tiempo

Casi el 40% de los adolescentes consume bebidas energéticas

Casi el 40% de los adolescentes consume bebidas energéticas

Nueve miradas gallegas a la final de 'Mi Rincón Favorito'

Nueve miradas gallegas a la final de 'Mi Rincón Favorito'

Opinión

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Los estudiantes españoles son oficialmente más tontos

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

La Guardia Civil esclarece una estafa por la compra de una cámara online

La Guardia Civil esclarece una estafa por la compra de una cámara online

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

Galicia aprueba unos presupuestos de 15.158 millones para 2027

Galicia aprueba unos presupuestos de 15.158 millones para 2027

Galicia eleva al 20% la potencia para repotenciar parques eólicos

Galicia eleva al 20% la potencia para repotenciar parques eólicos

Provincia

Rueda destaca el compromiso con la seguridad viaria tras completar la PO-235

Rueda destaca el compromiso con la seguridad viaria tras completar la PO-235

Las Rías Baixas se pasean por Madrid con realidad virtual

Las Rías Baixas se pasean por Madrid con realidad virtual

Deportes

Más de 12.200 niños gallegos corren contra la leucemia infantil

Más de 12.200 niños gallegos corren contra la leucemia infantil

El Trail de Arcos cruza el Castelo de Vilasobroso en su décimo aniversario

El Trail de Arcos cruza el Castelo de Vilasobroso en su décimo aniversario

Mos se sube a los patines con un nuevo club de hockey

Mos se sube a los patines con un nuevo club de hockey

Motor

Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

Salud

"Quien no se vacuna es como un conductor temerario"

Investigan a un vecino de Vigo por robar gasóleo en cuatro camiones

Investigan a un vecino de Vigo por robar gasóleo en cuatro camiones

OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

Turismo

Norwegian Aura estrena dos cruceros inaugurales por el Mediterráneo

Norwegian Aura estrena dos cruceros inaugurales por el Mediterráneo

Hogar

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Una marca viguesa simula la ventilación de locales para garantizar la seguridad frente al COVID19

O BNG propón a Paulino Campos e ao CVC de Valadares como Vigueses Distinguidos

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder