Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 29 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno da Deputación aproba novos recursos do plan concellos por máis de 742.000 euros

Baiona, Barro, Cerdedo-Cotobade e Cangas poderán realizarán melloras nos seus territorios e financiar a contratación de 49 persoas

A Xunta de Goberno provincial aprobou a semana pasada novos investimentos no marco do Plan Concellos 2021 co visto bo a catro novas achegas que suman 742.000 euros e que irán a parar aos concellos de Baiona, Barro, Cerdedo-Cotobade e Cangas dentro das liñas 1 e 3 do plan.

 

Máis polo miúdo, a Xunta de Goberno deu luz verde a un investimento de 115.000 euros cos que Baiona reparará a pavimentación, canalizará pluviais e ampliará o saneamento de diversos camiños no lugar de Baredo. Para Barro aprobou 91.000 euros cos que o concello financiará a parte que lle corresponde na recuperación do espazo e mellora da mobilidade peonil na EP-0508 Curro – San Amaro  polo que, deste xeito, serán recursos da Deputación os que fagan fronte ao custo total desta obra que ascende a 303.000 euros.

 

 

 

 

A Deputación a punto de pechar a Liña de Emprego con 52 concellos que xa teñen aprobado o financiamento de 8,8 millóns de euros para a contratación de 826 persoas

 

 

 

 

Coa Liña 3 de emprego 49 persoas poderán traballar nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Cangas. Cerdedo-Cotobade poderá financiar a contratación de 26 persoas grazas a unha achega provincial de case 288.000 euros; e Cangas fará o mesmo con outras 23 persoas a través dunha subvención de 248.000 euros. Con estas dúas novas achegas da liña 3 de Emprego, xa son 52 os concellos que teñen aprobada esta liña, o que permitirá 826 contratacións cun investimento de 8,8 millóns de euros.

 

Novos convenios para o Servizo de Administración Electrónica
O goberno provincial aprobou tamén os convenios con outras 17 entidades locais dentro do novo contrato para que poidan seguir desfrutando do servizo de administración electrónica. Son Cambados, Salvaterra, Salceda, Agolada, Poio, Redondela, O Porriño, Cangas, Vila de Cruces, A Estrada, Valga e Campo Lameiro e as entidades menores de Vilasobroso, Morgadáns, Arcos da Condesa, Bembrive e Chenlo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.