Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 16:57:30 horas

Xornal21.es
Domingo, 04 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Medio Ambiente licita a redacción do proxecto de rehabilitación dun inmoble no casco histórico de Tui

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adquiriu esta vivenda, situada no número 20 da rúa Obispo Castañón, a través da oferta pública de compra de inmobles do programa Rexurbe

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de licitar o contrato para a redacción do proxecto, e dirección de obra, para a rehabilitación dun edificio situado no número 20 da rúa Obispo Castañón, no Concello de Tui, co fin de destinalo a vivenda de protección pública. O importe deste contrato é de 58.000 euros, ao que se poderán presentar ofertas ata o vindeiro 26 de abril.

 

Este inmoble do casco histórico foi adquirido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo a través da oferta pública de adquisición de inmobles do programa Rexurbe, por un importe de 195.005 euros, co fin de rehabilitalo e habilitar vivendas públicas. A parcela na que se localiza é de 385 m2.

 

Segundo o contrato público, a empresa adxudicataria disporá dun prazo de tres meses para redactar o proxecto de obra, que será o documento que a Xunta empregue para executar os traballos que permitan a recuperación do inmoble e no que se definirán as características e distribución do mesmo.

 

Cómpre recordar que este concello pontevedrés tamén conta cunha área de rehabilitación integral (ARI), e na convocatoria do ano 2020 se lle consignou unha partida de 48.400 euros, para promover actuacións de rehabilitación entre os veciños do casco histórico.

 

Cómpre indicar que o concello de Tui tamén solicitou a declaración dunha Área Rexurbe, unha figura creada na Lei de rehabilitación de Galicia, que vai un paso máis alá das tradicionais áreas de rehabilitación integral; xa que ademais da rehabilitación edificatoria inclúe medidas de dinamización social, demográfica e económica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.