Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 30 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O consorcio Contra Incendios conta cun novo camión para rescate e extinción en altura

O novo vehículo, que terá a súa base no Porriño, mellorará a capacidade operativa de intervención dos efectivos en intervencións en altura

O Parque do Servizo Contra Incendios do Porriño recibiu onte o novo vehículo pesado de rescate e de extinción en altura que se incorpora aos medios materiais do Consorcio provincial, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia. Este novo camión, adquirido á empresa Incipresa cun investimento de 777.304 euros, terá a súa base no Parque do Porriño aínda que a súa operatividade se estenderá ao resto dos parques do Consorcio radicados en Vilagarcía, Ribadumia, e Bueu.

 

O obxectivo da adquisición é mellorar o funcionamento e capacidade dos efectivos naquelas intervencións en altura que se presenten. Unha vez que o vehículo xa está no parque, iniciarase un proceso de 10 días de formación de todo o persoal, que permitirá acadar un elevado coñecemento do uso con seguridade do brazo.

 

En canto ás características técnicas, trátase dun vehículo con chasis-cabina Mercedes-Benz con melloras nas súas características mínimas e condicións operativas. O camión consta de dous brazos articulados que permiten o xiro e traballar ata 5,5 m por debaixo da cota cero; permite a elevación de ata 2000 kg e dispón dunha carga mínima da cesta de gran capacidade, soportando ata 500kg. A cesta do vehículo está dotada de rociadores de auga,  sistema anticolisión e medición do vento automatizados para aumentar  a seguridade do traballo en entornos con fume ou inclemencias meteorolóxicas; dispón de iluminación, carrete de extinción de incendios e tomas de aire respirable aumentando o tempo de traballo e efectividade dos bombeiros. O camión conta cun monitor para lanzar auga/escuma electro-hidráulico con funcionamento por control remoto e caudal superior aos 2000 l/min, regulándose o alcance de xeito automático. Isto permite que incluso dende a base do camión, un só bombeiro actúe co monitor. Igualmente está dotado de postos de control con pantalla a cor e unidade de mando remoto de control por radio que permite actuar nun radio mínimo de 100m do vehículo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.