Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 30 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Denuncian que o tráfico pesado segue a pasar por Puxeiros

A Asociación de Veciños A Portela de Tameiga denuncia que "a alcaldesa do Concello de Mos incumpre o seu compromiso de eliminar o tráfico pesado da zona urbana residencial de Puxeiros"

A Asociación de Veciños A Portela sinala que "este compromiso xa ven desde primeiros do ano 2019, cando Nidia Arévalo anunciou antes das eleccións municipais que de xeito inmediato se executaría un plan para eliminar o tráfico pesado da avenida de Puxeiros. Daquela no paquete de promesas electorais anunciou a apertura dun aparcadoiro público de superficie para aliviar a escaseza de zona de aparcamento de vehículos no alto de Puxeiros". 

 

A asociación veciñal lembra que "si ben o aparcadoiro non tivo mais recorrido que o dunha típica promesa electoral, si que ao respecto da eliminación do tráfico a alcaldesa reafirmou o seu compromiso nunha reunión con representantes da asociación". 

 

"Así en agosto do ano 2020 se volvía a anunciar nas  redes do concello a inminente execución deste proxecto para a eliminación do tráfico nos núcleos residenciais de Puxeiros é Sanguiñeda. Incluso na propia web do concello se xáctaron de ter concedida unha subvención do Plan Concellos 2020 para acometer a sinalización" sinalan. 

 

 

 

 

Desde a asociación veciñal indican que esta é unha das principais demandas da parroquia ante o deterioro da calidade de vida e seguridade vial que sufre a veciñanza deste barrio

 

 

 

 

A asociación denuncia que dous anos despois do primeiro anuncio da aplicación inmediata do plan de restricción de tráfico non se acometeu ningunha actuación para levalo a cabo. 

 

"Os veciños estamos cansados das promesas incumplidas, non entendemos onde meten os cartos destas subvencións e seguimos a espera de que se reduzca o tráfico pesado para que as rúas sexan mais seguras para os veciños, e que teñamos un pouco de acougo de tanto ruído e fume" - declara Catalina Coya, membro da directiva da asociación veciñal. 

 

A Asociación veciñal de Tameiga exise ao Concello que acometa sen máis demora as medidas necesarias para pacificar o tráfico na zona urbana residencial de Puxeiros e devolver a tranquilidade á veciñanza. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.