TOMIÑO
Cáritas instalará contedores de recollida de roupa en Tomiño
Serán instalados catro contedores en varios puntos do municipio
O Concello de Tomiño vén de asinar un convenio coa empresa de inserción laboral de Cáritas, Servicios Comerciales de Inserción Laboral, para a instalación de contedores para a recollida de roupa.
En base ao acordo, o Concello comprométese a conceder un espazo para a colocación dos contedores de forma gratuíta, mentres que a empresa, ten como finalidade a creación de postos de traballo de inserción sociolaboral a través da xestión do residuo téxtil, será a encargada da recollida da roupa, que será reciclada e destinada a fornecer ás persoas sen recursos da vestimenta necesaria.
Está previsto que sexan instalados catro contedores en varios puntos do municipio, entre os que se atopan:
- O torreiro de festas do barrio do Hospital.
- A zona deportiva de Sobrada (Torrón), ao carón do colexio.
- A parroquia de Barrantes, ao carón do CEIP de Barrantes.
- O núcleo urbano do Seixo, na rúa Tui.
A duración do convenio será de dous anos e a instalación dos contedores está prevista para a vindeira semana.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40