Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 04 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mentoring para lanzar a carreira musical de oito mozas da provincia

As bases para participar neste proceso titorizado e poder acceder a bolsas de ata mil euros xa están publicadas no BOPPO. O programa culminará coa gravación dunha canción e un vídeo-clip

Para seguir a sortear as barreiras invisibles ás que teñen que enfrontarse as mulleres que queren dedicarse á música, a Deputación de Pontevedra pon en marcha a través da Plataforma “Descúbre-as” o programa de mentoría para o que serán seleccionadas oito mozas da provincia que cumpran cos requisitos reflectidos nas bases que xa foron publicadas no BOPPO. As aspirantes a conseguir un destes postos deberán ter entre 16 e 26 anos e inquietudes musicais, xa que poderán adquirir coñecementos da man de profesionais da industria para a proxección das súas carreiras.

 

As rapazas seleccionadas participarán nun proceso de mentoría titorizado por persoal especializado de “Descúbre-as” que terá unha duración aproximada de dous meses. O programa conta con bolsas, dun valor estimado de mil euros cada unha, coas que as mozas terán acceso a un itinerario individualizado no que se lles realizará un seguimento pormenorizado. Este percorrido culminará coa gravación dunha canción propia en estudio así como coa gravación e realización dun vídeo-clip. As rapazas interesadas poden xa tramitar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Deputación.

 

“Descúbre-as” é o programa da Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo visibilizar a todas as mulleres da industria musical. Representantes, produtoras ou artistas son algunhas das profesionais que forman parte de deste proxecto musical, didáctico, social e de igualdade, pioneiro en todo o estado. Con “Descúbre-as” o ente provincial incide na participación e promoción das mulleres na escena musical en colaboración con profesionais do sector, escolas e produtoras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.